Amosando publicacións coa etiqueta BTT. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BTT. Amosar todas as publicacións

29 de xan. de 2020

VII RUTA MONTE BRAVO

Crónica de Julián Díaz:
"Domingo 19 xaneiro, 8:30 h.
Tres Xalos (Javi Souto, Tito Fraga,  e mais o que suscribe Julián Diaz), desplazamonos para  participar na VII RUTA MONTE BRAVO "gps only" , organizada  polo Clube Ciclista de mesmo nome . A o Chegar, atopamonos con outro Xalo, Alfredo Alba. Mañan  fría pero soleada, día perfecto pra rodar. As 9:30 comezamos a aventura, pronto empezamonos a encontrar con camiños e paraxes espectaculares. Os camiños, tiñan a dificultade añadida de que coa auga caida os días anteriores, estaban dificiles e algún moi dificil. Gran parte do percorrido, transcurriu pola riveira do rio, polo que tivemos barro pra dar e tomar, como a ruta era por seguimento do GPS, e non todos os participantes o levaban, pronto empezaronse a formar grupos creando un gran ambente de compañerismo. A organizazon de 10,  non había nin un tramo donde non encontraras  unhas palabras de alento. Grazas a os noson compañeiros e amigos Javi e Tito (grandes donde os ahia), e encantado de coñecer a o outro compañeiro Alfredo. Grazas a organización e a todala xente que colaboro de unha forma o de outra no evento.
So resta decir que o ano que ven MAIS".

25 de nov. de 2019

COSTA ATLANTICA MTB TOUR. PONTEVEDRA


Crónica de Javier Souto:
 "A última fin de semana de setembro estreábase en Pontevedra a  “COSTA  ATLANTICA  MTB TOUR 1ª EDICIÓN”, unha proba  competitiva de tres días (27, 28,29).
Alí acudimos por parte da  P. C. Monte  Xalo:  Miguel Barros,  Albertini e o que subscribe.
-            O venres primeiro día saída - chegada en Bueu con choiva que nos acompañou durante a proba.  61Qm de percorrido con tramos técnicos e  rompepernas de costa, carreiros, calzada romana…, onde gozamos a a tope, terminando sen incidencias.
-            O sábado saída - chegada en Pontevedra, día solleiro espectacular onde puidemos gozar do BTT coas subidas Ou Viso e a  Fracha. O roteiro de 85 Qm  foi menos  revirado e técnico que o de Bueu, pero con subidas esixentes e unha baixada final divertida e bastante técnica que nos deixou no leito do Lérez para entrar á meta na praza da peregrina e gozar do gran ambiente.
-            O domingo saída-chegada a Portonovo, con regreso da choiva e o barro, etapa de 64 Qm  rodadora moi rápida por tramos de carreiros pegados á costa, na parte final cunha bonita subida ao monte Castrove, cuns carreiros finais de baixadas divertidas, que nos achegaron á meta en Portonovo, onde se puxo o broche final a unha bonita fin de semana de intenso BTT…para repetir sen dúbida."

23 de out. de 2019

III BTT KOMANDO XOVIETICO. XOVE

Crónica de Marcos Louro: 
"O pasado domingo 20 de outubro fun ata Xove, a participar na III Btt Komando Xovietico organiza polo clube do mesmo nome.
Ruta, duns 30 Qm e 1200 metros de desnivel acumulado que, como sempre, nos sorprende con camiños moi traballados e divertidos, sobre todo pola choiva que caeu os días previos.
O rematar a ruta disfrutamos dun estupendo xantar a base de sopa e lacon cocido con chourizos.
Unha ruta espectacular, tanto polo traballado do percorrido como polas impoñentes paisaxes."

7 de out. de 2019

XI BTT POLAS CABECEIRAS DO ANLLONS. LARACHA

Crónica de Enrique Fraga "Tito": 
"O 22 de septembro celebróuse en terras da Laracha a xa tradicional Marcha polas Cabeceiras do Anllóns.

Ata alí fomos varios integrantes da PCMX para disfrutar dunha ruta moi traballada pola organización, os amigos de L2R.

Dous percorridos, o largo de uns 45 Qm e +1200 mts, e un corto de aprox. 35 Qm e +900 mts.

Zonas moi divertidas e fermosas, perfectamente sinalizadas e atendidas pola organización.

Por parte da PCMX asistimos Javi Souto, Miguel Barros, Ivan Iglesias,  Jose Ares, Jose Luis Rodriguez, Daniel Garabato, Antonio Mella, Daniel Mella, Fran Castro, Pedro Mantiñan, Juan Luis Perez, Marcos Louro, e un servidor.
Como sempre dicimos cando algo nos gusta...voltaremos !!!"





23 de ago. de 2019

VI BTT JARNACHAS. ARTEIXO

Crónica de Fran Calabria :
 "O Domingo 8 de Setembro disputouse en Arteixo a VI Marcha Jarnachas BTT organizada por AD JARNACHAS. Persoalmete unha das probas preferidas por o que suscribe no percorrido de 42 Qm, unha boa distancia para facer fame pero sen cansarse demasiado, e con +1200m de desnivel, con subidas duras pero con baixadas moi divertidas. O finalizar a proba os compañeiros jarnach@s tiñanos preparado unha boa churrascada con barra libre de cervexa, amenizado con un concerto en directo.
Pola parte da peña participaron Manuel Piñeiro, Kike Vázquez, Gus Saavedra, Pablo Castellanos, Ivan Espeso, Tito Fraga, Ivan Iglesias, Marcos Louro, Javi Souto, Fran Castro e Fran Calabria."

17 de xul. de 2019

XX BTT CASTRO BARBUDO. TARAGOÑA

Crónica de Juan Luis Pérez :"O pasado domingo 14 de xullo celebrouse a XX edición da Marcha BTT Castro Barbudo en Taragoña, Rianxo, organizada pola peña @castrobarbudopc.  Ata alí desprazouse o noso compañeiro Juan Luis, para disfrutar dos montes que discurriron principalmente pola parroquia de Taragoña e Araño. Según nos conta fixo o ruta curta (27 Qm e desnivel de case 800 metros) . Nesta edición o tradicional tramo libre non foi tal e todo o mundo subeu ata o Castro Barbudo. Tras finalizar, festuca final con churrasco incluído. Un día estupendo de BTT."

16 de xul. de 2019

LA ROSCA DE SOMIEDO 2019


Crónica de Diego Lourido: 
"A memoria efímera é unha das grandes virtudes da humanidade, por eso tres desmemoriados, Bruno, Yiyo e un servidor acompañados de un debutante, Emilio, voltamos a Rosca Btt 2019. Esperábannos 64 Qm e preto de 2700 mts de desnivel positivo polo parque natural de Somiedo. Subidas superlativas e baixadas, para un neófito coma mín, bastante técnicas pola abundacia de pedras, pero sobre todo unhas paisaxes espectaculares, e unha organización de 10.
Para o ano voltaremos ?, a nosa virtude dinos que si."

22 de xuño de 2019

101 PEREGRINOS. PONFERRADA



Crónica de Javier Souto: 
"O sábado 28 de abril desprazámonos ata a localidade de Ponferrada varios integrantes da peña a participar na  X Edición  da ruta dos 101 Peregrinos 2019.

Un bo día, fresco a primeira hora, pero inmellorable para a práctica do btt. Na primeira parte da ruta ata Santalla había barro debido ás choivas dos días previos, afortunadamente a partir das Médulas a cousa cambiou para mellor. Bo ambiente en meta e unha boa organización apoiada polo exército, e con implicación dos veciños dos pobos polos que trascurría a ruta.

Xornada de disfrute, da bici, da gastronomía e paisaxes do Bierzo para os compañeiros da peña. Alí coincidimos cuns colegas do club ciclista Betanzos, cos que compartimos bos nomentos.



Para o ano seguro veranse Xalos subindo o Ferradillo"

19 de xuño de 2019

10.000 DEL SOPLAO 2019. CABEZON DE LA SAL


Crónica de Miguel Barros:
"O pasado 18 de maio unha tropa de Xalos desprazámonos ata Cabezón de la Sal para participar  nos 10.000 del Soplao. Entre os aventureiros estaban Pablo, Javi, Albertini, Juan Luis e servidor Miguel. A proba en sí é moi dura, pero este ano complicouse pola climatoloxía adversa, ata o punto de que nunca pensei que agradecería a presenza das subidas, xa que era a única maneira e o momento de entrar en calor. No cume tíñamos de 0 a 2 graos, aderezado polo vento e pola choiva, e nas baixadas tobogáns de lama..., pero como un Xalo nunca se rende, para o ano mais e mellor !!!

17 de xuño de 2019

XXII RUTA DO SALMON. A ESTRADA


Crónica de Enrique Fraga "Tito" : 
"O pasado 25 de Maio, un bo numero de Xalos desprazamonos a A Estrada, para participar na xa fixa no calendario de alguns de nos, XXII Ruta do Salmon.

Ruta de gran fermosura e perfectamente organizada polos nosos amigos do Bikestrada, conseguindo un record de inscripcions en esta edición, chegando a 436 participantes.

Por parte da PCMX, estivemos presentes Eloy Amarelle, Jose Enrique Barbeito, Pablo Castellanos, Francisco Castro, Dani Gallego, Expo, Esteban, Daniel Mella, Antonio Mella, Jose Luis Rodríguez i eu mesmo, sendo (se as miñas contas non fallan) o clube mais numeroso.

Acompañados por alguns amigos chegando a formar un grupo na saida de 20 unidades que, como e loxico, desperdigouse por todo o percorrido, encontrándonos case todos o final de ruta para dar boa conta da cervexa, a pizza e os chourizos a parrilla que nos tiñan preparados para recuperar as forzas gastadas na ruta.

Noraboa a Peña Ciclista Bikestrada polo traballo tan ben feito. A bon seguro, repetiremos."

3 de xuño de 2019

VII RUTA BTT OZA CESURAS

De novo, os colegas de Oza propuxéronse organizala súa ruta de BTT. Cómo é costume tamén, ruta dura con subida, neste caso doble, as empinadas ladeiras do monte do gato. Día e terreo seco, con boa temperatura para a práctica do btt. Ruta de velocidade libre, con boa sinalización, e avituaimento na metade. O acabar, lavado de bicis, ducha e tentempé para recuperar forzas, que falta facía. Por parte da PC Monte Xalo, participación abondosa; tanto que ate nos agasallaron co xamón co que se premiaba o clube mais numeroso. Gracias o BTT Oza-Cesuras, e moitos ánimos para preparala seguinte edición.





22 de maio de 2019

IV XCO CAIMANES BETANZOS


Crónica de Miguel Manteiga: 
"O sábado 18 de maio celebrouse en  Coirós, na zona do campo de fútbol da Cortella, o IV XCO Caimanes de Betanzos.
O circuito era moi divertido, moi bonito e moi esixente físicamente; tiña un pouco de todo, e o entorno, espectacular. Unido á tarde soleada e con boa temperatura só quedaba pedalear e disfrutar. Por parte da peña tomei eu a saída, e dando ánimos, Félix, Guille e Yiyo. Rematei no posto 19° en M40."

6 de maio de 2019

VI RUTA DOS LOBOS. A FONSAGRADA



Crónica de Javier Souto:
"Na primeira fin de semana de abril desprazámonos un grupo de Xalos a unha ruta á que non podemos faltar “A VI ruta dous  Lobos” na  Fonsagrada, o Venres  a crono nocturna e o sábado  coa  posilidade de  elexir entre  dúas rutas curta e longa de puro  BTT.

E este ano xa tocaba…neve… e si nevou… o suficiente para ter que suspender a ruta longa que subía a 1.200 m., a organización velando pola seguridade optou por realizar únicamente a ruta curta de 30 km. Nas condicións en que se desenvolveu a prova fíxose máis esixente do habitual. Saímos con neve nas zonas altas e barro nas baixas. No último tramo de chegada volveu a neve,  entramos na meta do mismo xeito que saíramos, coas folerpas caendo.

 Os avituallamentos non defraudaron, espectaculares, non queda máis que felicitar a organización e os voluntarios. E por suposto volver para gozar do BTT, da gastronomía, das paisaxes e dos compañeiros."

27 de mar. de 2019

TRANSGALAICA A ESTRADA


Crónica de Fran Calabria : 
"O Domingo 24 de marzo desprazaronse a localidade da Estrada varios componentes da Peña: Alfredo Alba, Fran Castro, Gus Saavedra, Sergio Morandeira, Javi Vazquez, Andrés Calvete, Ivan Morandeira e Fran Calabria. O percorrido transcurría nun circuito a duas voltas polos montes da zona, cada volta tiña 31,1 Qm cun desnivel + 684, que había que completar nun tempo de corte de 2h 10min. O día solleiro o e con ausencia de choiva durante varios días, un terreo moi rodador con subidas e baixadas longas,  fixo que a carreira disputárase a velocidades moi altas, rodando os que ían en cabeza en medias próximas a 25 Qm/h. Unha bonita proba organizada polo clube BikEstrada."


13 de mar. de 2019

X ENDURO MEDELA. CERVO



Crónica de Marcos Louro: "Un ano mais e xa vai pola 10ª edición celebrouse o Enduro de Medela en Cervo, fantasticamente organizado polo clube Medela Mtb. Desta volta a ruta, de 30 Qm e 1400 mts de desnivel, contaba coa novidade de un tramo novo (Os Rolos) ademais dos catro habituais (Bisones, Secret Trail, Farallones e Camber) que coma sempre estaban en perfecto estado para poder disfrutar dos efectos da gravidade. O final do percorrido esperábanos, para repor forzas, un xantar co resto dos participantes. En definitiva unha ruta moi recomendable para os que gustamos mais das baixadas que das subidas, e da que xa me tarda a seguinte edición".



7 de mar. de 2019

I RUTA BTT TERRAS DO WOLFRAM. SANTA COMBA


Crónica de Marcos Louro:
" O pasado domingo 3/3/19 celebrouse en Santa comba a I ruta BTT Terras do wolfram. Un grupo de 7 Xalos acudimos a disfrutar dos camiños non tan coñecidos por nós, de esta zona do Xallas.
A ruta duns 50 Qm e uns 1000 mts de desnivel, fíxonos percorrer varios lugares históricos relacionados coa extracción do wolframio.
Unha ruta moi rápida e rodadora a que tentaremos voltar para a próxima edición."

17 de feb. de 2019

VI RUTA BTT DA MERLUZA. BURELA



Crónica de Marcos Louro:
"O domingo 03/02/18 celebrouse en Burela a VI ruta Btt da Merluza.
Ata alí acudimos David mais eu. Este ano non choveu, pero as intensas choivas de días anteriores fixerón os 35 qm. da ruta moito mais “divertida” e dura polo blando e embarrado do terreo.
Para rematar, a organización, preparaunos un magnifico xantar a base de empanada e merluza do pincho."

10 de feb. de 2019

3H RESISTENCIA OES. CONCELLO DE AMES


Crónica de Pablo Castellanos: 
"O Domingo 3 de Febrero celebrouse en Bertamirans a proba de BTT de 3h de Resistencia OES-Concello de Ames 2019. Cun trazado semiurbano duns 6 Qm e pico por un parque da localidade e un monte cuns sendeiros espectaculares. 
  A organización por parte do C.C.Os Esfola Arrós foi moi boa, habilitando o parque pa tal evento. Nunha fria mañan, para aló fumos Javi, Andrés, Fran e o menda, para en parellas participar na carreira, agradecendo a Dani a sua labor cómo manager assistance no box durante a proba, grazas. 
  Despois das primeira voltas a tope, decidimos baixar o ritmo, xa que, faise duro comezar co termometro preto dos 0°C. Rematamos os dous equipos moi ben a carreira, e fumos recuperala forza cun no churrasco polo camiño. 
  A próxima na Coruña, aer cómo se da. Grazas compis pola divertida xornada de BTT polos senderos de Ames." 

23 de xan. de 2019

VI RUTA OS DO MONTE BRAVO. TEO


Crónica de Enrique Fraga "Tito":
"O pasado Domingo 20 de Xaneiro, achegamonos a Teo para disfrutar da VI Ruta Os do Monte Bravo na sua segunda edición GPS Only, un grupo de Xalos formado por Expo, Souto, Juanlu e eu mesmo, acompañados por Oscar e Toni, compañeiros habituais das nosas saidas.
Faltounos Alfredo Alba, que estaba inscrito, pero non puido asistir a ultima hora. A ver si no 2020.
Ali coincidimos con un nutrido grupo de amigos Zapateiros e de Toxos, cos que sempre e un pracer compartir rutas (e cervexas).
A ruta deseñada pola organización non defraudou a ningún dos “adictos” a esta marcha.
Desfrutada por algúns e sufrida por outros, debido a averias e despistes co GPS principalmente, pero todos de acordo en  que o traballo organizativo da xente de Os do Monte Bravo non pode quedar deslucido, xa que brillaron a unha gran altura, como sempre.
A bon seguro, repetiremos na próxima edición, previa revisión das maquinas e os GPS. Jajajaja"

5 de xan. de 2019

IX MARCHA DO NADAL. RIBEIRA





Crónica de Enrique Fraga "Tito": 
"O pasado 30 de Decembro celebrouse en Ribeira a IX Marcha do Nadal, a que nos achegamos tres Xalos. Victor Mosquera, Carlos Fernandez e un servidor.

Dispoñiamos de tres posibilidades, 35, 45 e 55 Qm, e os tres optamos por facer a versión mais longa.

Ruta que descorre por paraxes moi fermosos, ainda que moi rompepernas, acrecentándose a dificultade polo barro existente en algunhas zonas.

Un gran traballo o realizado pola organización. Dende aquí quero expresarlles o noso agradecemento polo trato recibido e, como non, pola ruta que nos prepararon.

O ano que ven, trataremos de repetir."