19 de xuño de 2019

10.000 DEL SOPLAO 2019. CABEZON DE LA SAL


Crónica de Miguel Barros:
"O pasado 18 de maio unha tropa de Xalos desprazámonos ata Cabezón de la Sal para participar  nos 10.000 del Soplao. Entre os aventureiros estaban Pablo, Javi, Albertini, Juan Luis e servidor Miguel. A proba en sí é moi dura, pero este ano complicouse pola climatoloxía adversa, ata o punto de que nunca pensei que agradecería a presenza das subidas, xa que era a única maneira e o momento de entrar en calor. No cume tíñamos de 0 a 2 graos, aderezado polo vento e pola choiva, e nas baixadas tobogáns de lama..., pero como un Xalo nunca se rende, para o ano mais e mellor !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.