29 de set. de 2024

XIV MARCHA POLAS CABECEIRAS DO ANLLONS


Crónica de Tito:

O pasado domingo 22 de Setembro,celebrouse na Laracha para participar na XIV Marcha polas cabeceiras do Anllons, organizada por un dos clubes locales Laracha en duas Rodas (L2R).
Ata alí achegamonos por parte da PCMX:  Fernando España, Ivan Espeso, Daniel Garabato, Jesús Moran, Jose Luis Mosquera, Jose Manuel Ruideros, Javi Souto,  Javier Vazquez, e un servidor.

Como xa nos teñen acostumados os integrantes de L2R, preparanron unha ruta moi ben marcada e organizada, que contaba con tres distancias, 23 Km 550m+, 45 km 1100+ e 55km 1300+.

Xa na chegada, servicios de lavado, duchas e unha comida ben regada con cervexa.

Mais non se pode pedir.

Noraboa, L2R.

8 de set. de 2024

PRESENTACION





A actividade programada consiste nunha ruta ciclista popular, enfocada a que participen familias e disfruten da bicicleta nun entorno natural como e o paseo fluvial do Río Mero. 
A saída terá lugar o día 21 de setembro de 2024 as 17:00 horas, nas portas do Concello de Cambre para dirixirnos o paseo fluvial, por onde iremos ata a presa de Cecebre, e voltamos pola ribeira oposta con chegada outra vez no Concello, onde disfrutaremos de un pequeno avituaiamento.

7 de set. de 2024

REGULAMENTO

REGULAMENTO E NORMAS DE PARTICIPACIÓN

  • Artículo 1: Denominación.

O X Paseo Ciclista Senda do Mero, celebraráse o sabado 21 de setembro de 2024 as 17:00 horas, estará organizada pola Peña Ciclista Monte Xalo coa colaboración do Concello de Cambre.
A saída terá lugar nas portas do Concello de Cambre, e a chegada nesta edición será no mesmo lugar da saída, diante do Concello.

  • Artículo 2: Carácter da ruta.

Popular e non competitiva.
Menores obrigatoriamente acompañados por un pai, tutor ou adulto autorizado. No caso de non ir acompañado polo propio pai ou tutor, deberán cubrir o impreso que achegamos na nosa web (Autorización paterna), e que deberá vir asinado polo pai e pola persona responsable do menor.
Os menores con idades comprendidas entre 14 e 18 anos, non precisarán acompañante, pero sí a debida autorización asinada.

  • Artículo 3: Distancia e percorrido.

A ruta ciclista ten un percorrido aproximado de 12 kms.  Con saída do Concello de Cambre indo polo paseo fluvial ata a Presa de Cecebre, e voltaremos pola riveira oposta. En terreo predominantemente chan, e una dificultade tanto técnica como física de un nivel baixo.
Os organizadores reservánse o dereito de modificar o percorrido cando as circunstancias así o recomenden.

  • Artículo 4: Inscripcións.

A inscripción e gratuita.
Na nosa web  www.pcmontexalo.com
Dende hoxe ata as 16:30 horas do día da ruta.
Haberá que cubrir e enviar un formulario por cada participante.
Os menores que non veñan acompañados dos seus pais, precisarán autorización paterna que poderán descargar da nosa web www.pcmontexalo.com a cual entregarán firmada a Organización na mesa da saída.

  • Artículo 5: Recollida de números para o sorteo.
Na porta do Concello o día da proba dende as 15:30 ata as 16:30 horas.

  • Artículo 6: Participantes.

Considéranse participantes no X Paseo Ciclista Senda do Mero quenes se houbesen inscrito, se ateñan rigurosamente o  horario e percorrido establecido pola Organización e circulen entre os vehículos que sinalizan a apertura e o peche da ruta, coas bandeiras vermella e verde repectivamente.
Durante todo o percorrido “O USO DO CASCO E OBRIGATORIO”.
Recoméndase o levar consigo a Tarxeta Sanitaria.

  • Artículo 7:

A Organización declina toda responsabilidade naqueles casos que por neglixencia ou falta de cumprimento da Ley ou do Código de Circulación, así como das instruccións dadas polo personal habilitado pola organización, poidéranse producir danos físicos ou morais, propios ou a terceiros, así como outro tipo de prexuicios ou accidentes que por estas causas poideran ocasionar.

  • Artículo 8:

A Organización  resérvase o dereito de excluir da ruta ciclista, a aquela persoa que non observe o comportamento debido, ou faga caso omiso das indicacións que reciba por parte dos membros da organización.

  • Artículo 9:

O participante na proba autoriza o emprego de fotografías propias, sempre que o seu uso garde relación ca proba na que se inscribe.
A organización garante o cumplimento da lei de protección de datos, e de acordo ca lei orgánica 15/1999, o participante queda informado e presta o seu consentimento o emprego dos seus datos no desenvolvemento dos trámites propios do desenvolvemento do evento.
A participación nesta ruta ciclista, implica a aceptación do regulamento. O seu descoñecemento, non exime o participante do seu cumprimento.
Todalas novas sobre a proba poderán seguirse no sitio web  www.pcmontexalo.com.

  • Artículo 10: Carácter solidario.

A Peña Ciclista Monte Xalo fará entrega ós Servizos Sociais do Concello, dos productos de alimentación non perecedeiros e produtos de hixiene persoal, aportados polos participantes no Paseo Ciclista Senda do Mero, os cuais irán destinados ós veciños necesitados do Concello de Cambre.
Depositaríanse na mesa da saída.

6 de set. de 2024

INSCRIPCIONS

A inscripción e gratuita, podes aportar alimentos non perecedeiros e produtos de hixiene persoal para os veciños necesitados do Concello.
Para inscribirte:  NA MESA DA SAIDA
Enviar un formulario por cada participante. Por temas de seguros,todos os participantes deberán figurar no listado de inscritos.
Recorda que se eres menor e non ves acompañado de teus pais precisas autorización, descarga AQUÍ.

3 de set. de 2024

CARACTER SOLIDARIO

A Peña Ciclista Monte Xalo fará entrega ós Servizos Sociais do Concello, dos productos de alimentación non perecedeiros, e máis de productos de primeira necesidade e hixiene persoal, aportados polos participantes no Paseo Ciclista Senda do Mero, os cuais irán destinados ós veciños necesitados do Concello de Cambre.
Depositaríanse na mesa da saída.

20 de nov. de 2022

ENDURO VIXIADOR

Crónica de Marcos Louro: 

O fin de semana do 30 de outubro, Jesús Cao e eu, desprazámonos a Vigo para participar no II Vigo Enduro Vixiador. Proba puntuable como a última carreira da copa de Galicia de este ano.

A carreira comprendía os mesmos 8 tramos cronometrados do ano pasado pero mellorados con novos saltos e zonas. Lástima que as intensas choivas caídas durante os días previos fixeran os tramos moi lentos é físicos.

De esta volta competimos na categoría de parellas acadando a 9ª posición  e a 69ª  en scratch.

 

14 de nov. de 2022

RUTA BTT XOVE

Crónica de Marcos Louro: 

O pasado domingo 23 de outubro fun ata Xove, a participar na V Btt Komando Xovietico organiza polo clube do mesmo nome.
Ruta, duns 30 Qm e 1200 metros de desnivel acumulado que, como sempre, nos sorprende con camiños moi traballados e divertidos, sobre todo pola choiva que caeu os días previos.
O rematar a ruta disfrutamos dun estupendo xantar a base de cocido galego..
Unha ruta espectacular, tanto polo traballado do percorrido como polas bonitas paisaxes.

MAIS FOTOS

18 de out. de 2022

XCM COSTA DA MORTE CARBALLO

Crónica de Marcos Louro:

O pasado domingo 2 de outro uns cantos Xalos acudimos ata Carballo a disputar a quinta proba do campeonato Galego de XC Maratón. Ademais da proba competitiva, o clube BTT MONTENEME-CALVO, tamén organizou unha proba cicloturista.

A ruta, de 72 km e 1900 metros de desnivel, resultou moi rápida e rodadora con un par de duras subidas na sua parte final.

17 de out. de 2022

LA ROSCA DE SOMIEDO 2022

Crónica de Yiyo:

Esta fin de seman volveuse a celebrar en Pola de Somiedo a xa famosa Rosca. Ata ali desprazamonos Guilli mais eu, acompañados do noso amigo Luis para facer o percorrido de 60 km e casi 3000m+. Como xa se sabe a ruta e durísima pero este ano agravouse a cousas polas condiciones meteorolócicas adversas, auga aire e frío, chegando a 1°C nas zonas mais altas da Farrapona. Con respecto o deportivo ruta espectacular e organización de 10 coma sempre. Está foi a miña quinta Rosca e sin duda a mais dura de todas pero con toda seguridad que para o ano voltaremos.

MAIS FOTOS

 

27 de set. de 2022

MARCHA JARNACHA

Crónica de Marcos Louro:

O pasado domingo 18 de Setembro un grupo de Xalos acudimos ata Arteixo para disfrutar da marcha Jarnacha que, como sempre, estaba mágnificamente organizada polo A.D Jarnachas.

Había varias opcións  de distancia, desnivel e dificultade técncia para que todo o mundo puidera disfrutar dos sendeiros e baixadas moi traballadas polas que discurrían calquera das opcións. Sobre todo o espectacular tramo recuperado pola senda do Rio Sisalde.

Coma sempre, os Jarnachas, non defraudaron con un terceiro tempo, ó rematar a ruta, con churrasco e concerto dos Revenidos.

MAIS FOTOS



 

22 de set. de 2022

TSUNAMI MANZANEDA

Crónica de Marcos Louro:

O finde do 28 de agosto acudimos Blas e eu ata a estación de montaña de Manzaneda a disputar o  Tsunami Manzaneda, que non se celebraba dende 1995.

De esta volta a proba contaba con tres descensos cronometrados para establecer a orde de saida no último tramo en formato avalancha. Unha baixada de 15 km dende o alto da estación ata o pobo de Manzaneda saindo en grupos de 50 corredores.

En canto a resultados Blas tivo que abandonar na avalancha por unha avería mecánica e eu quedei 58º scratch e 16 M40



 

25 de ago. de 2022

XCM CARRAL

Crónica de Marcos Louro:

O pasado domingo 21 de agosto un grupo de Xalos acudimos ata Carral a disputar  a terceira proba do campeonato Galego de XC Maratón. Ademais da proba competitiva, o clube BTT Carral, tamén organizou unha proba cicloturista.
A ruta foi moi variada e dura como xa se preveía vendo o track por donde nos levaban. Viuse moito traballo de campo ben feito e unha baixada das labradas a sacho moi divertida. Felicitar ó persoal tanto da Organización como dos que lles axudaron pola sua excelente labor.



 


11 de xul. de 2022

MONTEFARO ENDURO RACE

Crónica de Marcos Louro: 

O pasado fin de semana do 28 e 29 de maio acudimos, Blas e eu, ó Montefaro Enduro Race en Mugardos.
Terceira proba do Open de España estupendamente organizada polo Clube Pulpeiros de Mugardos.

Este ano contaba coa novidade de disputarse sobre 6 tramos cronometrados, creando para a ocasión o tramo Optopus totalmente novo.
En canto a resultados, Blas quedou 15 M50 e 121 scratch e eu 29 M40 e 117 scratch

MAIS FOTOS



1 de xuño de 2022

ENDURRAZO

Crónica de Marcos Louro:

O 7 de maio comenzou o Endurrazo Black, 2ª proba do open de España de Enduro, coa novidade dun tramo nocturno totalmente iluminado que serviu de quecemento para os 350 inscritos.

O domingo 8 disputáronse os 5 tramos cronometrados restantes no habitual  horario matinal.

Os tramos eran moi rapidos e con moita pendiente o que, únido á calor asfixiante, fixeron una carreira moi dura físicamente.

En canto a resultados eu quedei 173 Scratch e 41 Master 40. Blas tivo que abandonar no TC3.

MAIS FOTOS

 

5 de maio de 2022

CAMPIONATO DE GALICIA DE ENDURO - ENDURO SERRA DO GALIÑEIRO

Crónica de Marcos Louro:

O 23 e 24 de abril o clube Mas Enduro de Gondomar organizou o III Enduro Serra de Galiñeiro que, desta vez, volvía a ser Camiponato Galego da espicialidade.

Ata alí acudimos Blas e eu temerosos da climatoloxía posto que a chuvia das xornadas anteriores non deu tregua durante a competición, enlamando uns treitos xa, de por si, esbarosos e complicados.

As duras condicións fixeron que moitos participantes tiveran que abandonar por averias ou caidas. Entre eles Blas que tivo que abandonar ó rematar o segundo tramo.
A miña clasificación foi 33 M40 e 128 scratc.

 

21 de abr. de 2022

III ENDURO BTT FARO DE BUDIÑO

Crónica de Marcos Louro:

O finde do 9 e 10 de Abril celebrouse en Porriño o III Enduro Faro de Budiño, terceira proba da copa de Galicia.
Ata alí acudimos Blas e eu a disfrutar dos 5 tramos cronometrados dos que contaba a competición nun terreo áspero, rochoso e compactado debido á chuvia caída o venres pola mañá.
En canto a resultados, Blas quedou 10 M50 e 90 scratch e eu 26 M40 e 84 scratch.

MAIS FOTOS

8 de abr. de 2022

ENDURO PICARAÑA

Crónica de Marcos Louro:

O pasado finde do 25 e 27 de marzo desplazámonos, Blas e eu, ata Ponteareas a disputar o III Enduro das Rosquillas, maxistrálmente organizado pola ADC Picaraña e que, este ano, era a segunda proba da Copa Galega de Enduro
A proba constaba de 4 tramos cronometrados. Todos moi rápidos e con pouco pedaleo e bastante pendente que os facían moi divertidos.
En canto a resultados, Blas quedou 17 M50 e 169 scratch e eu 43 M40 e 158 scratch.

MAIS FOTOS

31 de mar. de 2022

VIGO BIKE CONTEST 2022

Crónica de Marcos Louro: 

O finde do 12 e 13 de marzo acudimos, Blas e eu, a Coruxo a disputar a Vigo Bike Contest que, este ano, abría a copa de Galicia de Enduro.
A proba constaba de 4 tramos cronometrados e tiña, de novidade, una mini avalancha final na que se salía en grupos de 20 corredores xuntos.
En canto a resultados, Blas quedou 16 M50 e 130 scratch e eu 35 M40 e 114 scratch.

MAIS FOTOS

23 de mar. de 2022

VII TRAIL ANDAINA POLAS CABECEIRAS DO ANLLONS

Crónica de Diego Lourido:

Proba celebrada o domingo 13 de Marzo na Laracha,e organizada excelentemente por "Laracha en dúas Rodas".  Hasta ali desplazouse o integrante da P.C. MonteXalo Diego Lourido,para participar no Trail de 30 km e uns 1400 metros de desnivel positivo. A proba tamen contaba cun minitrail e mais cunha andaina. Despois duns días de chuvias,o domingo o tempo respetounos,pero o terreno xa estaba bastante enlamado e con camiños que case parecían ríos,eso unido a subidas bravas e baixadas de vértigo,fixeron que o trail resultara duro. Gran día,gran organización e enteiro de volta a casa,pouco mais se pode pedir. …

MAIS FOTOS

 

10 de mar. de 2022

XII RUTA ENDURO MEDELA MTB

Crónica de Marcos Louro: 

Un ano mais, e xa vai pola 11ª edición, celebrouse o Enduro de Medela en Cervo (Lugo), fantásticamente organizado polo clube Medela Mtb.
A ruta, de 30 Qm e 1400 mts de desnivel, contaba cos cinco tramos habituais (Bisones, Secret Trail, Rolos, Farallones e Camber) que, con moitas melloras, estaban en perfecto estado para poder disfrutar dos efectos da gravidade.
O final do percorrido esperábanos, para repor forzas, un xantar co resto dos participantes.

8 de mar. de 2022

PRESENTACION 2022

Un ano mais a Peña Ciclista Monte Xalo empeza a súa actividade deportiva. No 2022, e dende Cambre, os seus deportistas desprazaranse as distintas probas de carácter autonómico e nacional. No presente exercicio, o clube posúe 131 socios, con idades comprendidas entre os 8 e 67 anos. O clube e a súa Directiva teñen previsto tamén a organización de probas e eventos propios, co obxetivo de fomentalo uso da bicicleta, tanto deportivamente, como medio de desprazamento sostible e saudable. 

 

3 de mar. de 2022

BIKEDADA 2022

Crónica de Pablo Castellanos:

O pasado Domingo fun ata Vigo a Bikedada 2022 organizada por Social Ciclismo Fan Manager. Xa fora fai dous anos e por averías non a terminéi se non é pola gran asistencia de Horacio Barros, grazas. Nesta edición tiña moitas ganas de facela de 100km, e pala que fumos uns amiguetes dos Eskapaos e o compañero da Peña Fernando España, un pracer e noraboa tamen por facelo Gran Fondo. A ruta faise dura polo ritmo o que se fai, moi rodadora, saiume media de 20km/h os 100kms. Ten tres subidas longas e varias baixadas, un par delas delicadas técnicamente, e o resto é todo mallar polas pistas e sendas da chamada Ruta da Auga. Chegando ata O Encoro das Eiras, paraxe fermoso. En xeral todo xenial, sin tirós nas patas, xustiño e terminando cos bos avituallamentos. Noraboa os organizadores por sacar adiante este evento con 800 participantes nestes tempos de confinamentos. Grazas os Eskapaos por acollerme cos brazos abertos, un pracer comer con vos. Vemonos polas sendas.

 

22 de feb. de 2022

PANNE BEACH ENDURANCE 2021

Crónica de Fran Castro:

O pasado 21 de novembro despraceime baixo unha intensa choiva
ata De Panne, na costa belga. O obxectivo, participar nunha proba do campionato belga de carreiras de praia. Aínda non amencera cando recollemos o dorsal. Gran ambiente ciclista, pero a climatoloxía non prometía nada bo: moito vento e frío. De camiño á praia puiden comprobar o nivel de preparación das bicicletas para correr na area: anchas cubertas semi slicks, bicicleta e horquilla ríxida, prato de 40 dentes… Só están permitidas as BTT con guiador plano. Xa na praia fun cara á zona de saída a buscar o meu caixón de saída. Había un primeiro caixón para os de categoría elite e a continuación estaba o meu. O letreiro poñía do 300 ao 1203. Detrás había aínda dous caixóns máis. Morto de frío e cos nervios destas ocasións, alí estaba no medio dun pelotón de mil cincocentos ciclistas. A saída, unha tolemia. De súpeto estás a pedalear a toda velocidade rodeado dun milleiro e medio ciclistas. Non ves nada, só vixías aos dos lados e que non caian os de diante. Non sabes en que punto da praia estás, pero vas movéndoche de dereita a esquerda cando che ves empuxado por quen tes ao teu carón namentres que os de diante buscan area dura. De súpeto, cortinas de auga que levantan ao pasar os que che preceden polos regatos que baixan cara á beira. Zas, pés enchoupados. Vas vendo xente caer, cadeas e cambios rotos, pneumáticos picados ou destalonados. Eu, tentando manter as pulsacións controladas, e así toda a recta duns 7 quilómetros. Pouco antes de chegarmos ao final da recta estabamos estirados e estabilizados. Mirei cara atrás e vin moitos aínda, menos mal. Cruzamos a area branda para subir ao paseo marítimo e comezar a volta. Bum, vento forte de fronte. Pegado a roda dos de diante para non morrer. E veña a entrar e saír da praia atravesando a franxa de area branda: que se agora ao paseo, que despois ao cámping, que se ao aparcamento, que ao centro De Panne. Nesta primeira volta conseguín pasar os tramos de area branda sen baixarme. Divertidísimo.

Pasada a meta por primeira vez (eran 3 voltas), uns 500 metros polo paseo e encaro unha gran duna cunha gran baixada que dá acceso outra vez á praia. Cando a pasei e cheguei á area dura, lembroume á duna do último mundial de CX en Ostende: era cuspidiña. Estaba na segunda volta e xa notaba o esforzo, xa non era tan rápido. Pero seguía a ser divertido. Os pés xeados, sen sentir as dedas, e mollándomos cada vez que pasaba os regatos. Ao irmos moi estirados, esta vez a longa recta foi mais fácil. Atopabas mellor a area dura, pero vías moi lonxe o punto onde tiñas que dar a volta. O vento a favor axudaba, pero é que todos ían rapidísimo. Desta volta, nas tres zonas longas de area en subida para saír da praia báixeme na metade; case non podía e había que reservar. Nas outras podía pasar sen baixarme, pero terminaba co pulso en rexistros de récord. Aínda había densidade de participantes para irmos en pelotón e evitarmos algo os 25 nós de vento que había. Canso, pero desfrutando.

Paso por meta a segunda vez. Dóenme as pernas. Encaro de novo a baixada da gran duna e ao chegar abaixo a toda velocidade crúzaseme a bicicleta e... ao chan con pinchacarneiro incluído e cun pé enganchado porque a cala non se soltou. Sen consecuencias porque a area é branda, pero primeiro aviso. En fin, coas pernas empezando a dicir ´abonda´, o cambio fallando con tanta area, os pedais que xa nin calaban nin soltaban ben, retomei a marcha en plena crise. Neses quilómetros que me quedaban ata chegar ao aparcamento onde dabamos a volta fun loitando só contra o vento de fronte. Por riba, ao regresar á praia desde o aparcamento para encarar a recta, outra baixada de area solta, outra caída. Sen forzas como ía, todo era xa supervivencia. Tampouco era xa capaz de subir á bicicleta estilo ciclocrós e era un martirio arrincar, porque sen velocidade enterrábasche, chantábasche na area. E parado outra vez, porque onde antes había area branda, agora estaba removida por todos os que pasaran antes. A última ida pola recta fíxena só, pero con vento a favor, conseguindo uns 25 km/h. A volta, un horror. Aumentou o vento. Iamos tan estirados que non podías poñerche a roda de ninguén para protexerche do vento. Pasei todas as zonas de area branda correndo e empuxando a bicicleta. E os últimos quilómetros, só, freado polo vento e desesperado na procura de area dura. Pero cheguei á meta, feliz e morto de frío. Orgulloso polo posto 521 despois de dúas horas e corenta e dous minutos para percorrer os 52 km. Unha experiencia moi positiva, pero moi dura tamén.   

25 de xan. de 2022

3H RESISTENCIA LOUSAME

Crónica de Paula Blanco:

O pasado domingo os miembros da PCMX Javier Mieres e Paula Blanco participaron nas 3h de Lousame de BTT, quedando no tercero ligas como categoría parellas mixtas.

 

MAIS FOTOS

28 de dec. de 2021

CARREIRA DO PAVO

Crónica de Miguel Manteiga:

O pasado domingo 12 de decembro a Asociación de Ciclistas organizou a carreira do pavo en Bertamiráns. 

Aproveitando o evento, homenaxeábase a Gustavo Veloso,  como despedida aos seus 20 anos como ciclista profesional. 
No deportivo, circuito urbano de 1600 metros ao que se lle daban 20 voltas. Moita velocidade e chegada ao sprint, na que se impuxo o propio Gustavo.  
No persoal, encantado e emocionado por acompañalo nesta despedida, xa que compartimos moitos momentos enriba da bici, algúns ben importantes na súa carreira, coma o seu estreno en sub 23 e o seu debut como profesional na Volta ao Algarve no ano 2001.
E en Bertamiráns na súa despedida. 


26 de dec. de 2021

¡CALVETE CAMPION GALEGO!

Andrés Calvete gaña no circuito do Castelo de Maceda o Campionato Galego de Ciclocros na categoría M40. 

¡¡NORABOA CAMPIÓN!!

19 de dec. de 2021

III TRAIL DOS FOUCELLAS

Crónica de Diego Lourido: 

Trail de 27 km e uns 1075 metros de desnivel positivo,organizado polo Tabeiron Dptvo Baio,no que neste caso desplaceime en solitario como representante do clube. Trail que na sua primeira parte transcurre polo marxen do río,o que se ten que vadear en numerosas ocasións,e na que se encontra a primeira das subidas duras. Despois ten unha segunda parte mais pisteira,na que se concentra a maioria das subidas,e unha última parte que volve transcurrir polo marxen oposto do río ata chegar a Carballeira de Baio,chegada e saida do Trail. Organización exquisita,ambientación espectacular,e fermosas paisaxes. 

MAIS FOTOS


9 de dec. de 2021

NOCTURNA DO XALO

Crónica de Diego Lourido:

Gracias a Asociación Castelo Deporte, uns cantos Xalos acercamos hasta Castelo para, uns facer a carreira (Yiyo, Diego) e outros a andaina (Guille, Marcos, Tito Fraga) do Trail Nocturno do Xalo 2021, e os mais, axudar na organización. Para ser o meu debut nun trail, creo que por dificultad e dureza non era o mais adecuado, pero sí por organizacion e beleza do trazado, ademáis da espectacularidade de ser nocturno. E como non, o finalizar, unha gran churrascada para todos os presentes. Esperamos voltar para o 2022. 

MAIS FOTOS

6 de dec. de 2021

II BTT MONTE CASTELO

Crónica de Yiyo:

O pasado 14 de Noviembre os compañeros da Asociación Tabeiron Deportiva  de Baio organizou a II BTT Monte Castelo. Hasta ali desprazaronse varios integrantes da Peña Ciclista Monte Xalo para disfrutar dun día espectacular de BTT, entre eles Yiyo e Diego Lourido.

Optamos por facer a ruta corta que constaba de 35 km e casi 900 m de desnivel positivo.
O acabar a probar deleitaronos cunha espectacular comida a base de ensaladilla e churrasco.
En definitiva espectacular proba a que seguro voltaremos.

MAIS FOTOS

1 de dec. de 2021

XORNADA PREPARACION FISICA NIVEL AVANZADO

Coa colaboración do Concello de Cambre, o próximo 15 de decembro ás 20:30 horas, telemáticamente teremos a segunda das dúas charlas coloquio preparadas sobre preparación física ciclista para o ano 2021.
Un profesional vainos orientar desta volta sobre como adestrar a nivel avanzado.
O curso vaise impartir a través dunha plataforma de conexión telemática con capacidade limitada a 100 participantes. O clube establece a preferencia das plazas dispoñibles deste xeito:
1º ós asociados do clube.
2º alleos por orde de inscrición.
Para inscribirse, solicitar participación vía mail en pcmontexalo@gmail.com, indicando o voso nome e apelidos, idade e localidade donde residides.
Uns días antes do evento recibiredes o enlace á plataforma telemática para participar na charla.
Dada a limitación de asistencia especificada da plataforma, pregámosvos que vos inscribades se realmente estades interesados en participar.

17 de nov. de 2021

VIGO ENDURO VIXIADOR

Crónica de Marcos Louro:

O fin de semana do 7 de novembro, Jesús Cao e eu, desprazámonos a Vigo para participar no I Vigo Enduro Vixiador. Proba puntuable como a última carreira da copa de Galicia de este ano.

A carreira comprendía 8 tramos cronometrados pouco complicados técnicamente pero mui divertidos.

De esta volta competimos na categoría de parellas. Un formato novo e que resultou ser o de maior concurrencia da proba.
Grazas por ofrecernos un mui bo fin de semana e noraboa ó Clube Vigo EnduroVigoenduro MTB polo estupendo traballo.

MAIS FOTOS

10 de nov. de 2021

BTT KOMANDO XOVIETICO

Crónica de Marcos Louro:

O pasado domingo 24 de outubro fun ata Xove, a participar na IV Btt Komando Xovietico organiza polo clube do mesmo nome.
Ruta, duns 30 Qm e 1200 metros de desnivel acumulado que, como sempre, nos sorprende con camiños moi traballados e divertidos, sobre todo pola choiva que caeu os días previos.
O rematar a ruta disfrutamos dun estupendo xantar a base de empanada e callos..
Unha ruta espectacular, tanto polo traballado do percorrido como polas bonitas paisaxes."

MÁIS FOTOS

22 de out. de 2021

ENDURRAZO 2021

Crónica de Marcos Louro:

O 2 e 3 de outubro celebrouse, en Moaña, o Endurrazo. Última proba do Open de España de Enduro.

O Clube THC Bike, organizador da proba, propuxo un percorrido total de 35 kilómetros y 1.500 metros de desnivel acumulado que comprendía cinco tramos cronometrados.

As chuvias caídas durante toda a semana e, sobre todo, o sábado dos entrenos fixeron que os tramos se pusexesen moi lentos e esbaradizos. O domingo saiu o sol e secou bastante o terreo co que xa puidemos disfrutar dos efectos da gravidade.

O resultado deportivo foi un 30 en M40. O personal, e que eu valoro moito mais, foi outra gran experiencia e un curso avanzado de conducción en humidade.



10 de out. de 2021

XVIII MARCHA COSTA DA MORTE

Crónica de Javi Vázquez:

O pasado domingo día 3 de OCTUBRE de 2021celebrouse a xa clásica Marcha Costa da Morte, este ano a edición XVIII, con saída e chegada no Forum de Carballo, además teria unhha  distancia maratón para o campeonato galego da Federación Galega de Ciclismo nas probas de XCM por ser esta unha proba federada e que forma parte do calendario da Copa Galicia de XCM 2021, e da Real Federación Española de Ciclismo, dado que tamén se encadra como maratón K.5 de categoría nacional.

O epicentro da Maratón XVIII Marcha Costa da Morte, seria no Forum Carballo donde se tomaría a salida. Que partiría as 9h. Nunha mañan fresquiña, o peor foi que o día anterior visitou Galicia Unha borrasquilla que deixou o terreno algo de barro que se cabe doulle mais dureza o evento.
 A proba teriá os seguintes percorridos:

Maratón:
-74 km e 1906 m+ . O itinerario transitará polos montes e corredoiras de Carballo, Malpica de Bergantiños e Coristanco.
Para os corredores de competición e para os participantes da marcha larga.

Marcha distancia larga e curta.

-51kms e 1226 m+.
-35kms e 605 m+ .

Ali nos presentamos seis integrantes da Peña todos para disputar na categoría reina. 
Gustavo, Iván Morandeira, Javi Souto, Tinker, Javi Vázquez, Iván Vázquez e Miguel cómo asistencia nos avituallamientos ( facendo unha labor importante os corredores en distancias coma está). A última hora non puido acudir José Luis por problemas familiares.
Destacar o mellor posto da Peña de Javi Souto en M50  7°. E Iván Morandeira 13° en M 30. 
Unha gran organización, como proba, obsequio a os parcipipantes, comida o rematar e o importante da proba levando todas as medidas contra o Covid, e ver qué xa se ve a luz o final do túnel. Un saudo.

 

3 de out. de 2021

LA ROSCA DE SOMIEDO

Crónica de Gillermo Rincón:

O pasado 25 de septembro disputouse  a marcha federada de BTT " A  Rosca de Somiedo" unha proba que transcurre polo parque natural de Somiedo. Un dos espacios protexidos mais importantes e mellor conservados de Asturias.
Unha ruta circular de 60km e 3000+ de desnivel con Saida e chegada no pobo de Somiedo. 
No terreo persoal so me queda decir impresionante a todo o que envolve a esta marcha, dende os seus paisaxes, con montañas, campas, brañas e Lagos, a sua dureza, a forma de disputala os ciclistas onde cabe a competición e o disfrute persoal. Un dez para a organizacion.
A anecdota divertida foi coincidir con compañeiros do clube Btt Carral nun avituallamiento comendo xuntos empanadas. Non faltou o " non 
me falte Carral " de rigor.
Graciñas a Yiyo e Lourido por facer de Lazarillos, e  a Bruno por darnos asistencia na  Farrapona, que bonito.
E a miña primera proba de Btt en tres anos despois de pasar unha lesión e unha pandemia. E non podía ser en mellor sitio, non o pensedes para o ano, un templo para a bici de montaña "LA ROSCA DE SOMIEDO"

1 de out. de 2021

IV MINI BTT O PORRIÑO

Crónica de Alberto Reimúndez:

Última proba da tempada,  organizada polo clube AD AVANZA no Monte da Risca en Porriño. Gran organización, e  un circuito impresionante. Álex e Leo disfrutaron o circuito e remataron loitando por  posición ata a meta. Agradecer nesta última crónica, a axuda da directiva da PC Monte Xalo para que poideramos participar nestas carreiras. Foi unha gran experiencia e de seguro que repetiremos o ano que ven.

29 de set. de 2021

VII RUTA DOS LOBOS

Crónica de Marcos Louro:

Un grupo de Xalos acudimos o 18 de setembro á Fonsagra para participar na VII Ruta dos Lobos.
Coma sempre nos teñen acostumados foi unha ruta espectacular e moi traballada con un percorrido esixente pero con fermosas paixases. Este ano incorporaron un novo sendeiro-desfiladoiro pegado ó curso do Navia con unhas vistas espectaculares. 

MÁIS FOTOS


23 de set. de 2021

MINI BTT OUTEIRO DE REI

Crónica de Alberto Reimúndez:

Penúltima proba da temporada,  organizada polos compañeiros do TEAMBIKE OUTEIRO DE REI no lugar de Pena de Rodas. Debutaban na organización e deixaron o listón ben alto. Diseñaron un circuito impresionante de auténtico XCO, nun lugar moi fermoso. Merece a pena facerlle unha visita. Álex e Leo, a pesar das caídas, fixeron  moi boas carreiras e conseguiron a súa mellor clasificación do ano. 

20 de set. de 2021

LIÈGE-BASTOGNE-LIÈGE CHALLENGER 2021

Crónica de Fran Castro:

O pasado sábado 11 de setembro fun a Liexa para participar na 10ª edición da Liège-Bastogne-Liège Challenger 2021. Mesmo co uso obrigatorio da máscara nas zonas de saída, avituallamento e chegada, comeza a notarse a volta á normalidade, moita xente nas inmediacións da saída. Un ambiente estupendo.

 

Había a opción de facer tres itinerarios, un de 66 km y 1292 m de desnivel, outro de 142 km e 2666 m de desnivel e o que fixeron os profesionais o pasado mes de abril de 257 km y 4986 m de desnivel. Eu escollín o de 142 km.

 

A proba, cun percorrido duro pero de paisaxes espectaculares, transcorre no interior das Ardenas co tráfico aberto, aínda que os cruces complicados están vixiados polo persoal da organización.

 

As oito tomei a saída cheo da adrenalina destas ocasións pero sabedor da necesidade de gardar as enerxías para facer fronte á côte de Cortil no quilometro 5, á côte de Havelange no 33, a l’Ancienne Barrière no 49, á côte da Houte-Levèe no 67, á longa subida Le Rosier no 79 e a súa famosa curva en forca nada máis empezar, á Vecquèeno no 92, á temida côte da Redoute no 111 cunha porcentaxemáxima do 20%, a côte de Forges no 123, a côte de Roche-aux-Faucons no 133 co seu segundo tramo demoledor e, por último, á côte de L’Hopital.

 

Da experiencia quédome coas emocións cando, ao pasar, recoñeces as seccións que tantas veces viches na televisión, cando pisas os nomes dos teus ídolos escritos no asfalto de subidas como a dRedoute, na tensión nas longas baixadas a toda velocidade e, por suposto, coa satisfacción cando afrontas a meta.

MÁIS FOTOS