3 de mar. de 2022

BIKEDADA 2022

Crónica de Pablo Castellanos:

O pasado Domingo fun ata Vigo a Bikedada 2022 organizada por Social Ciclismo Fan Manager. Xa fora fai dous anos e por averías non a terminéi se non é pola gran asistencia de Horacio Barros, grazas. Nesta edición tiña moitas ganas de facela de 100km, e pala que fumos uns amiguetes dos Eskapaos e o compañero da Peña Fernando España, un pracer e noraboa tamen por facelo Gran Fondo. A ruta faise dura polo ritmo o que se fai, moi rodadora, saiume media de 20km/h os 100kms. Ten tres subidas longas e varias baixadas, un par delas delicadas técnicamente, e o resto é todo mallar polas pistas e sendas da chamada Ruta da Auga. Chegando ata O Encoro das Eiras, paraxe fermoso. En xeral todo xenial, sin tirós nas patas, xustiño e terminando cos bos avituallamentos. Noraboa os organizadores por sacar adiante este evento con 800 participantes nestes tempos de confinamentos. Grazas os Eskapaos por acollerme cos brazos abertos, un pracer comer con vos. Vemonos polas sendas.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.