20 de set. de 2021

LIÈGE-BASTOGNE-LIÈGE CHALLENGER 2021

Crónica de Fran Castro:

O pasado sábado 11 de setembro fun a Liexa para participar na 10ª edición da Liège-Bastogne-Liège Challenger 2021. Mesmo co uso obrigatorio da máscara nas zonas de saída, avituallamento e chegada, comeza a notarse a volta á normalidade, moita xente nas inmediacións da saída. Un ambiente estupendo.

 

Había a opción de facer tres itinerarios, un de 66 km y 1292 m de desnivel, outro de 142 km e 2666 m de desnivel e o que fixeron os profesionais o pasado mes de abril de 257 km y 4986 m de desnivel. Eu escollín o de 142 km.

 

A proba, cun percorrido duro pero de paisaxes espectaculares, transcorre no interior das Ardenas co tráfico aberto, aínda que os cruces complicados están vixiados polo persoal da organización.

 

As oito tomei a saída cheo da adrenalina destas ocasións pero sabedor da necesidade de gardar as enerxías para facer fronte á côte de Cortil no quilometro 5, á côte de Havelange no 33, a l’Ancienne Barrière no 49, á côte da Houte-Levèe no 67, á longa subida Le Rosier no 79 e a súa famosa curva en forca nada máis empezar, á Vecquèeno no 92, á temida côte da Redoute no 111 cunha porcentaxemáxima do 20%, a côte de Forges no 123, a côte de Roche-aux-Faucons no 133 co seu segundo tramo demoledor e, por último, á côte de L’Hopital.

 

Da experiencia quédome coas emocións cando, ao pasar, recoñeces as seccións que tantas veces viches na televisión, cando pisas os nomes dos teus ídolos escritos no asfalto de subidas como a dRedoute, na tensión nas longas baixadas a toda velocidade e, por suposto, coa satisfacción cando afrontas a meta.

MÁIS FOTOS

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.