1 de dec. de 2021

XORNADA PREPARACION FISICA NIVEL AVANZADO

Coa colaboración do Concello de Cambre, o próximo 15 de decembro ás 20:30 horas, telemáticamente teremos a segunda das dúas charlas coloquio preparadas sobre preparación física ciclista para o ano 2021.
Un profesional vainos orientar desta volta sobre como adestrar a nivel avanzado.
O curso vaise impartir a través dunha plataforma de conexión telemática con capacidade limitada a 100 participantes. O clube establece a preferencia das plazas dispoñibles deste xeito:
1º ós asociados do clube.
2º alleos por orde de inscrición.
Para inscribirse, solicitar participación vía mail en pcmontexalo@gmail.com, indicando o voso nome e apelidos, idade e localidade donde residides.
Uns días antes do evento recibiredes o enlace á plataforma telemática para participar na charla.
Dada a limitación de asistencia especificada da plataforma, pregámosvos que vos inscribades se realmente estades interesados en participar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.