O 2 e 3 de outubro celebrouse, en Moaña, o Endurrazo. Última proba do Open de España de Enduro.
O Clube THC Bike, organizador da proba, propuxo un percorrido total de 35 kilómetros y 1.500 metros de desnivel acumulado que comprendía cinco tramos cronometrados.
As chuvias caídas durante toda a semana e, sobre todo, o sábado dos entrenos fixeron que os tramos se pusexesen moi lentos e esbaradizos. O domingo saiu o sol e secou bastante o terreo co que xa puidemos disfrutar dos efectos da gravidade.
O resultado deportivo foi un 30 en M40. O personal, e que eu valoro
moito mais, foi outra gran experiencia e un curso avanzado de
conducción en humidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.