28 de dec. de 2021

CARREIRA DO PAVO

Crónica de Miguel Manteiga:

O pasado domingo 12 de decembro a Asociación de Ciclistas organizou a carreira do pavo en Bertamiráns. 

Aproveitando o evento, homenaxeábase a Gustavo Veloso,  como despedida aos seus 20 anos como ciclista profesional. 
No deportivo, circuito urbano de 1600 metros ao que se lle daban 20 voltas. Moita velocidade e chegada ao sprint, na que se impuxo o propio Gustavo.  
No persoal, encantado e emocionado por acompañalo nesta despedida, xa que compartimos moitos momentos enriba da bici, algúns ben importantes na súa carreira, coma o seu estreno en sub 23 e o seu debut como profesional na Volta ao Algarve no ano 2001.
E en Bertamiráns na súa despedida. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.