10 de set. de 2023

REGULAMENTO

REGULAMENTO E NORMAS DE PARTICIPACIÓN

  • Artículo 1: Denominación.

O IX Paseo Ciclista Senda do Mero, celebraráse o sabado 23 de setembro de 2023 as 17:00 horas, estará organizada pola Peña Ciclista Monte Xalo coa colaboración do Concello de Cambre.
A saída terá lugar nas portas do Concello de Cambre, e a chegada nesta edición será no mesmo lugar da saída, diante do Concello.

  • Artículo 2: Carácter da ruta.

Popular e non competitiva.
Menores obrigatoriamente acompañados por un pai, tutor ou adulto autorizado. No caso de non ir acompañado polo propio pai ou tutor, deberán cubrir o impreso que achegamos na nosa web (Autorización paterna), e que deberá vir asinado polo pai e pola persona responsable do menor.
Os menores con idades comprendidas entre 14 e 18 anos, non precisarán acompañante, pero sí a debida autorización asinada.

  • Artículo 3: Distancia e percorrido.

A ruta ciclista ten un percorrido aproximado de 12 kms.  Con saída do Concello de Cambre indo polo paseo fluvial ata a Presa de Cecebre, e voltaremos pola riveira oposta. En terreo predominantemente chan, e una dificultade tanto técnica como física de un nivel baixo.
Os organizadores reservánse o dereito de modificar o percorrido cando as circunstancias así o recomenden.

  • Artículo 4: Inscripcións.

A inscripción e gratuita.
Na nosa web  www.pcmontexalo.com
Dende hoxe ata as 16:30 horas do día da ruta.
Haberá que cubrir e enviar un formulario por cada participante.
Os menores precisarán autorización paterna que poderán descargar da nosa web www.pcmontexalo.com a cual entregarán firmada a Organización na mesa da saída.

  • Artículo 5: Recollida de números para o sorteo.
Na porta do Concello o día da proba dende as 15:30 ata as 16:30 horas.

  • Artículo 6: Participantes.

Considéranse participantes no IX Paseo Ciclista Senda do Mero quenes se houbesen inscrito, se ateñan rigurosamente o  horario e percorrido establecido pola Organización e circulen entre os vehículos que sinalizan a apertura e o peche da ruta, coas bandeiras vermella e verde repectivamente.
Durante todo o percorrido “O USO DO CASCO E OBRIGATORIO”.
Recoméndase o levar consigo a Tarxeta Sanitaria.

  • Artículo 7:

A Organización declina toda responsabilidade naqueles casos que por neglixencia ou falta de cumprimento da Ley ou do Código de Circulación, así como das instruccións dadas polo personal habilitado pola organización, poidéranse producir danos físicos ou morais, propios ou a terceiros, así como outro tipo de prexuicios ou accidentes que por estas causas poideran ocasionar.

  • Artículo 8:

A Organización  resérvase o dereito de excluir da ruta ciclista, a aquela persoa que non observe o comportamento debido, ou faga caso omiso das indicacións que reciba por parte dos membros da organización.

  • Artículo 9:

O participante na proba autoriza o emprego de fotografías propias, sempre que o seu uso garde relación ca proba na que se inscribe.
A organización garante o cumplimento da lei de protección de datos, e de acordo ca lei orgánica 15/1999, o participante queda informado e presta o seu consentimento o emprego dos seus datos no desenvolvemento dos trámites propios do desenvolvemento do evento.
A participación nesta ruta ciclista, implica a aceptación do regulamento. O seu descoñecemento, non exime o participante do seu cumprimento.
Todalas novas sobre a proba poderán seguirse no sitio web  www.pcmontexalo.com.

  • Artículo 10: Carácter solidario.

A Peña Ciclista Monte Xalo fará entrega ós Servizos Sociais do Concello, dos productos de alimentación non perecedeiros e produtos de hixiene persoal, aportados polos participantes no Paseo Ciclista Senda do Mero, os cuais irán destinados ós veciños necesitados do Concello de Cambre.
Depositaríanse na mesa da saída.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.