3 de xuño de 2019

VII RUTA BTT OZA CESURAS

De novo, os colegas de Oza propuxéronse organizala súa ruta de BTT. Cómo é costume tamén, ruta dura con subida, neste caso doble, as empinadas ladeiras do monte do gato. Día e terreo seco, con boa temperatura para a práctica do btt. Ruta de velocidade libre, con boa sinalización, e avituaimento na metade. O acabar, lavado de bicis, ducha e tentempé para recuperar forzas, que falta facía. Por parte da PC Monte Xalo, participación abondosa; tanto que ate nos agasallaron co xamón co que se premiaba o clube mais numeroso. Gracias o BTT Oza-Cesuras, e moitos ánimos para preparala seguinte edición.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.