Amosando publicacións coa etiqueta Enduro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Enduro. Amosar todas as publicacións

23 de maio de 2019

MONTEFARO ENDURO RACE. MUGARDOS


Crónica de Marcos Louro: 
"O pasado fin de semana do 18 e 19 de maio acudín ó Montefaro Enduro Race en Mugardos.
Carreira, puntuable para o Open de España e para o Galego, estupendamente organizada polo Clube Pulpeiros de Mugardos.
Para min foron dous dias expectaculares polos tramos, a organización e loxística, a xente animando e a cantidade de amigos que fixen.
Da clasificación sólo decir que non quedei de último e que non tiven ningunha lesión, polo que cumprín de sobra os meus obxectivos."

13 de mar. de 2019

X ENDURO MEDELA. CERVO



Crónica de Marcos Louro: "Un ano mais e xa vai pola 10ª edición celebrouse o Enduro de Medela en Cervo, fantasticamente organizado polo clube Medela Mtb. Desta volta a ruta, de 30 Qm e 1400 mts de desnivel, contaba coa novidade de un tramo novo (Os Rolos) ademais dos catro habituais (Bisones, Secret Trail, Farallones e Camber) que coma sempre estaban en perfecto estado para poder disfrutar dos efectos da gravidade. O final do percorrido esperábanos, para repor forzas, un xantar co resto dos participantes. En definitiva unha ruta moi recomendable para os que gustamos mais das baixadas que das subidas, e da que xa me tarda a seguinte edición".



14 de mar. de 2018

IX RUTA ENDURO MEDELA

Crónica de Marcos Louro:
"O pasado domingo 11 de marzo Fer e mais eu acudimos a San Ciprian, en Lugo, a IX Ruta Enduro Medela

As previsións metereolóxicas anunciaban unha alerta laranxa por fortes ventos e moita chuvia pero, ó final, resultou un día nubrado e ata cálido, que fixo que puidemos disfrutar a tope dos tramos técnicos preparados polo Club Medela Mtb, eso sí, un pouco máis enlamados e “divertidos” ca en outras edicións.

O final do percorrido, de 35 qm e uns 1400 metros de desnivel, esperábanos un magnifíco xantar co resto dos participantes para repoñer as forzas.

Noraboa os organizadores polo gran traballo realizado, sobre todo pola referida amenaza da borrasca Felix que fixo que duplicara o seu traballo, nas horas previas á ruta, para deixar os tramos limpos de calquera rama ou atranco que, as rachas de vento, puideran ter tirado.

En definitiva, unha ruta 100% recomendable para os que gustamos de disfrutar das baixadas e da que xa me tarda que chegue a X edición."

6 de xuño de 2017

KDD ENDURO CEDEIRA

Crónica de Marcos Louro:
"O pasado domingo acudín a 1ª quedada enduro Terras de Cedeira que organizaba o C.C. Punta Candieira.
A ruta, duns 35 qm. e 1500 metros de desnivel positivo, incluía 7 tramos técnicos moi traballados e divertidos, que compensaban sobradamente as duras subidas que había que facer para afrontalos. Para rematar a organización dispuxo un xantar a base pinchos e churrasco para recuperar as forzas perdidas durante a mañan."

11 de maio de 2017

ENDURO CASTROBIKES

 Crónica de Marcos Louro:
"O pasado domingo 7 de maio celebrouse a IV Quedada de Enduro dos Castrobikes. Ata alí acudimos, nesta ocasión, Hector “Pocholo” e mais eu a disfrutar dos 13 tramos técnicos que nos tiñan preparados, polo Monte Xiabre, dentro do percorrido duns 35 Qm.
Os tramos, como sempre nos teñen acostumados, estaban moi ben coidados e traballados, tendo en conta que, debido a un gran incendio o ano pasado, case todas as pasarelas, saltos e peraltes foran arrasados. Non é de extrañar a boa fama que teñen os Castrobikes e o seu traballo no Xiabre. Pódese decir que teñen un “mini-bikepark” perfectamente acondicionado para o enduro.
Coma sempre unha organización perfecta, con case todos os veciños de Castrogudín axudando,  uns avituallamentos abondosos e para rematar churrasco e cerveza a fartar. "