14 de mar. de 2018

IX RUTA ENDURO MEDELA

Crónica de Marcos Louro:
"O pasado domingo 11 de marzo Fer e mais eu acudimos a San Ciprian, en Lugo, a IX Ruta Enduro Medela

As previsións metereolóxicas anunciaban unha alerta laranxa por fortes ventos e moita chuvia pero, ó final, resultou un día nubrado e ata cálido, que fixo que puidemos disfrutar a tope dos tramos técnicos preparados polo Club Medela Mtb, eso sí, un pouco máis enlamados e “divertidos” ca en outras edicións.

O final do percorrido, de 35 qm e uns 1400 metros de desnivel, esperábanos un magnifíco xantar co resto dos participantes para repoñer as forzas.

Noraboa os organizadores polo gran traballo realizado, sobre todo pola referida amenaza da borrasca Felix que fixo que duplicara o seu traballo, nas horas previas á ruta, para deixar os tramos limpos de calquera rama ou atranco que, as rachas de vento, puideran ter tirado.

En definitiva, unha ruta 100% recomendable para os que gustamos de disfrutar das baixadas e da que xa me tarda que chegue a X edición."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.