"Celebrouse o Domingo 4 de Marzo esta durísima ruta de bici de monte. Felicitar os compañeiros do CPC Toxo pola boa organización. Dos casi 500 bikers, dous eramos Xalos, Alberto máis eu. Os duros rampones e a lama foron continuos en toda a ruta nas tres distancias, 30-40 e 60 Qm. Tamén as baixadas "Xabalí", buuuf q sustos levamos moitos. Moi fermosas sendas pa ir ben entrenado e con ganas para facer a longa. Despois de chegar o corte cos amigos do CC Sada sorprendime por que ían pola de 40 e eu sen pensalo seguin subindooo, e iso q levabamos +1500 m de acumulau en 30 Qm, unha burrada. Pero bueno metinme á aventura e seguin subindooo 15 Qm máis, buuuf. Grazas a Rodrigo de Rianxo, coñecino na parte máis dura, alta e solitaria na que boa falta fixeron os ánimos mútuos e apareceu Diego do CC Sada xusto antes de comezar os longos descensos ata o paseo de Noia e cruzar os tres a liña de meta felices e cansos. Moi boas sensacions e boa paella. Ah, Fer se fixeras a longa non esperarias pa ducha (jiji). Grazas PC Monte Xalo por deixarnos o porta bicis."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.