11 de maio de 2017

ENDURO CASTROBIKES

 Crónica de Marcos Louro:
"O pasado domingo 7 de maio celebrouse a IV Quedada de Enduro dos Castrobikes. Ata alí acudimos, nesta ocasión, Hector “Pocholo” e mais eu a disfrutar dos 13 tramos técnicos que nos tiñan preparados, polo Monte Xiabre, dentro do percorrido duns 35 Qm.
Os tramos, como sempre nos teñen acostumados, estaban moi ben coidados e traballados, tendo en conta que, debido a un gran incendio o ano pasado, case todas as pasarelas, saltos e peraltes foran arrasados. Non é de extrañar a boa fama que teñen os Castrobikes e o seu traballo no Xiabre. Pódese decir que teñen un “mini-bikepark” perfectamente acondicionado para o enduro.
Coma sempre unha organización perfecta, con case todos os veciños de Castrogudín axudando,  uns avituallamentos abondosos e para rematar churrasco e cerveza a fartar. "

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.