13 de mar. de 2019

X ENDURO MEDELA. CERVO



Crónica de Marcos Louro: "Un ano mais e xa vai pola 10ª edición celebrouse o Enduro de Medela en Cervo, fantasticamente organizado polo clube Medela Mtb. Desta volta a ruta, de 30 Qm e 1400 mts de desnivel, contaba coa novidade de un tramo novo (Os Rolos) ademais dos catro habituais (Bisones, Secret Trail, Farallones e Camber) que coma sempre estaban en perfecto estado para poder disfrutar dos efectos da gravidade. O final do percorrido esperábanos, para repor forzas, un xantar co resto dos participantes. En definitiva unha ruta moi recomendable para os que gustamos mais das baixadas que das subidas, e da que xa me tarda a seguinte edición".



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.