19 de mar. de 2019

RUTA DO COCIDO 2019 PCMX


Como en anos anteriores unha vez mais un nutrido grupo de socios e amigos da PC Monte Xalo fixemos a tradicional xuntanza para facer un par de rutas, unha en btt polo Monte do Gato, e outra por estrada que saíndo de Oza, de onde tivemolo punto de partida, e dando volta en Curtis rematou no pavillón municipal, o igual que a dos beteteiros. Logo aqueles que tivemos a ben, xantamos na Parrillada Terranova un cocido ou churrasco, dependendo dos gustos, co que recuperar folgos que abofé que estaba ben saboroso. O noso agradecemento o Concello de Oza-Cesuras pola cesión das súas instalacións para as duchas posteriores a xornada ciclista. Resultou un bó día de xuntanza entre amigos con unha pasión en común, a bicicleta. E para o vindeiro ano, mais...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.