
"A última fin de semana de setembro estreábase
en Pontevedra a “COSTA ATLANTICA
MTB TOUR 1ª EDICIÓN”, unha proba
competitiva de tres días (27, 28,29).
Alí acudimos por parte da P. C. Monte
Xalo: Miguel Barros, Albertini e o que subscribe.
- O
venres primeiro día saída - chegada en Bueu con choiva que nos acompañou
durante a proba. 61Qm de percorrido con tramos técnicos e rompepernas de costa, carreiros, calzada
romana…, onde gozamos a a tope, terminando sen incidencias.
- O
sábado saída - chegada en Pontevedra, día solleiro espectacular onde puidemos
gozar do BTT coas subidas Ou Viso e a
Fracha. O roteiro de 85 Qm foi menos revirado e técnico que o de Bueu,
pero con subidas esixentes e unha baixada final divertida e bastante técnica
que nos deixou no leito do Lérez para entrar á meta na praza da peregrina e
gozar do gran ambiente.
- O
domingo saída-chegada a Portonovo, con regreso da choiva e o barro, etapa de 64 Qm rodadora moi rápida por tramos de
carreiros pegados á costa, na parte final cunha bonita subida ao monte
Castrove, cuns carreiros finais de baixadas divertidas, que nos achegaron á
meta en Portonovo, onde se puxo o broche final a unha bonita fin de semana de
intenso BTT…para repetir sen dúbida."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.