Crónica de Enrique Fraga "Tito":
"O pasado 30 de Decembro celebrouse en Ribeira a IX Marcha do Nadal, a que nos achegamos tres Xalos. Victor Mosquera, Carlos Fernandez e un servidor.
Dispoñiamos de tres posibilidades, 35, 45 e 55 Qm, e os tres optamos por facer a versión mais longa.
Ruta que descorre por paraxes moi fermosos, ainda que moi rompepernas, acrecentándose a dificultade polo barro existente en algunhas zonas.
Un gran traballo o realizado pola organización. Dende aquí quero expresarlles o noso agradecemento polo trato recibido e, como non, pola ruta que nos prepararon.
O ano que ven, trataremos de repetir."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.