
"Na primeira fin de semana de abril desprazámonos un
grupo de Xalos a unha ruta á que non podemos faltar “A VI ruta dous Lobos” na Fonsagrada, o Venres a crono nocturna e o sábado coa posilidade de
elexir entre dúas rutas curta e
longa de puro BTT.
E este ano xa tocaba…neve… e si nevou… o suficiente para ter que suspender a ruta longa
que subía a 1.200 m., a organización velando pola seguridade optou por realizar
únicamente a ruta curta de 30 km. Nas condicións en que se desenvolveu a prova
fíxose máis esixente do habitual. Saímos con neve nas zonas altas e barro nas
baixas. No último tramo de chegada volveu a neve, entramos na meta do mismo xeito que saíramos,
coas folerpas caendo.
Os avituallamentos non defraudaron, espectaculares,
non queda máis que felicitar a organización e os voluntarios. E por suposto
volver para gozar do BTT, da gastronomía, das paisaxes e dos compañeiros."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.