"O 22 de septembro celebróuse en terras da Laracha a xa tradicional Marcha polas Cabeceiras do Anllóns.
Ata alí fomos varios integrantes da PCMX para disfrutar dunha ruta moi traballada pola organización, os amigos de L2R.
Dous percorridos, o largo de uns 45 Qm e +1200 mts, e un corto de aprox. 35 Qm e +900 mts.
Zonas moi divertidas e fermosas, perfectamente sinalizadas e atendidas pola organización.
Por parte da PCMX asistimos Javi Souto, Miguel Barros, Ivan Iglesias, Jose Ares, Jose Luis Rodriguez, Daniel Garabato, Antonio Mella, Daniel Mella, Fran Castro, Pedro Mantiñan, Juan Luis Perez, Marcos Louro, e un servidor.
Como sempre dicimos cando algo nos gusta...voltaremos !!!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.