Crónica de Enrique Fraga "Tito":
"O pasado Domingo 20 de Xaneiro, achegamonos a Teo para disfrutar da VI Ruta Os do Monte Bravo na sua segunda edición GPS Only, un grupo de Xalos formado por Expo, Souto, Juanlu e eu mesmo, acompañados por Oscar e Toni, compañeiros habituais
das nosas saidas.
Faltounos Alfredo Alba, que estaba inscrito, pero non puido asistir a ultima hora. A ver si no 2020.
Ali coincidimos con un nutrido grupo de amigos Zapateiros e de Toxos, cos que sempre e un pracer compartir rutas (e cervexas).
A ruta deseñada pola organización non defraudou a ningún dos “adictos” a esta marcha.
Desfrutada por algúns e sufrida por outros, debido a averias e despistes co GPS principalmente, pero todos de acordo en que o traballo organizativo da xente de Os do Monte Bravo non pode quedar deslucido, xa que brillaron a unha gran altura,
como sempre.
A bon seguro, repetiremos na próxima edición, previa revisión das maquinas e os GPS. Jajajaja"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.