7 de feb. de 2019

V TAÇA DE MELGAÇO


Crónica de Pablo Castellanos: 
"O Domingo 20 de Xaneiro, debutei nesta nova modalidade para min, era a oportunidade de probar e así saber o que teño que entrenar pa este ano. Entereime que facian a 5° Taça de  Portugal en Melgaço e pala que fumos de turistas a familia. O tempo chuvioso complicaba o terreo esbaradizo, a víspera recoñecin o circuitazo a patas baixo a choiva. Era moi técnico e físico para min que me trouxeron a bici Os Reis Magos. Así que con calma, saín na carreira na cola do pelotón duns 30 na miña categoría, e disfrutando sorprendido, contando con que me doblasen cedo, pero o circuito era longo e acabei duas voltas sen ser doblado e adiantando a algún. Ahí comezou a verdadeira carreira pa terminar esa volta e grazas os consellos dos compis do Xalo e os ánimos da familia a pé de pista logrei terminar con éxito a miña primeira carreira desta gran modalidade chamada Ciclocros, creo que de vinte e pouco. Hai que entrenar un pouquichiño."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.