22 de xuño de 2019

101 PEREGRINOS. PONFERRADA



Crónica de Javier Souto: 
"O sábado 28 de abril desprazámonos ata a localidade de Ponferrada varios integrantes da peña a participar na  X Edición  da ruta dos 101 Peregrinos 2019.

Un bo día, fresco a primeira hora, pero inmellorable para a práctica do btt. Na primeira parte da ruta ata Santalla había barro debido ás choivas dos días previos, afortunadamente a partir das Médulas a cousa cambiou para mellor. Bo ambiente en meta e unha boa organización apoiada polo exército, e con implicación dos veciños dos pobos polos que trascurría a ruta.

Xornada de disfrute, da bici, da gastronomía e paisaxes do Bierzo para os compañeiros da peña. Alí coincidimos cuns colegas do club ciclista Betanzos, cos que compartimos bos nomentos.



Para o ano seguro veranse Xalos subindo o Ferradillo"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.