21 de xuño de 2019

XXIV MARCHA CICLOTURISTA AROUSA. CARRIL


Crónica de Monky :
"Toda unha clásica no mundo das cicloturistas, como así amosa ser esta a súa vixesimocuarta edición, pensada para disfrutar das marabillosas paraxes que percorre polas rías baixas, rodando en pelotón durante gran parte do percorrido e deixando dous tramos libres, para deixarlle paso a vea competitiva de cada ún. No primeiro tramo subíase ata o alto de Lobeira, onde poidemos avituallar forzas logo do desgaste, e o segundo para subir no monte Xiabre ata o alto de Meda, onde unhas incomparables vistas compensan todo o esforzo anterior, xa que  rampas de ata o 17% de desnivel facían mella nas pernas, pero asi mesmo coa recompensa de ter chegado a meta. O remate a organización, excelente a tódolos niveis, deparounos agasallos e pinchos regados con cercexa, que ben que se deixaban trasegar. Na miña opinión esta é unha cicloturista con tódalas letras, a que xa teño asistido unhas cantas veces, e a que a bon seguro voltarei para agradecer o magnífico traballo do CC Xiabre. Diego, Yiyo mais eu participamos representado a PC Monte Xalo"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.