"O pasado 25 de Maio, un bo numero de Xalos desprazamonos a A Estrada, para participar na xa fixa no calendario de alguns de nos, XXII Ruta do Salmon.
Ruta de gran fermosura e perfectamente organizada polos nosos amigos do Bikestrada, conseguindo un record de inscripcions en esta edición, chegando a 436 participantes.
Por parte da PCMX, estivemos presentes Eloy Amarelle, Jose Enrique Barbeito, Pablo Castellanos, Francisco Castro, Dani Gallego, Expo, Esteban, Daniel Mella, Antonio Mella, Jose Luis Rodríguez i eu mesmo, sendo (se as miñas contas non fallan)
o clube mais numeroso.
Acompañados por alguns amigos chegando a formar un grupo na saida de 20 unidades que, como e loxico, desperdigouse por todo o percorrido, encontrándonos case todos o final de ruta para dar boa conta da cervexa, a pizza e os chourizos a parrilla
que nos tiñan preparados para recuperar as forzas gastadas na ruta.
Noraboa a Peña Ciclista Bikestrada polo traballo tan ben feito. A bon seguro, repetiremos."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.