Amosando publicacións coa etiqueta estrada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta estrada. Amosar todas as publicacións

20 de ago. de 2019

IV DESAFIO DELIO FERNANDEZ. MOAÑA


Crónica de Carlos Amoedo: 
"O pasado domingo dia 18 de agosto tivo lugar en Moaña a cuarta edición do Desafío Delio Fernández. Unha proba que combina sabiamente o cicloturismo para todas as idades coa competitividade consustancial dun xuntoiro de ciclistas con dorsal.
Pola Peña Ciclista Monte Xalo acudiu un servidor, asiduo deste evento e do apoio ao bo de Delio Fernández Cruz
A saída deu-se ás 9 da mañán cun céu gris que ameazaba chuvia. Felizmente, todo o percorrido fixo-se en seco. 
O bo desta marcha é a súa tranquilidade: transcorre neutralizada durante 90 km, a um ritmo de 25 km/h, que permite desfrutar da bici e da charleta con moita xente do pelotón, incluídos os míticos Javier Mínguez, Delio Fernández ou Alex Marque, sen a tensión, os frenazos e as caídas das carreiras (e a maioria das marchas).
O avituallamento, de parada obrigatória, faise cando van comezar as dúas ascensións do dia. Excelente deseño, organización e trato.
Finalmente, para que cada un sufra o que queira, recorde o que eran os esforzos agonísticos, e comprove o que dan de sí, a dura subida de 6 km a Chan D’Arquiña faise cronometrada. 
Nos duros 2 últimos km está situado un dos mellores “platós” imaxinables para que che saquen fotos: marco incomparable coa ría de Vigo ao fondo, de onde sairá un bo póster para mirar coa familia con saudade cando vaiamos vellos...
No meu póster porá que fixen o 13 tempo, xusto detrás de Delio, que viña de facer décimo quinto na Volta a Burgos o día anterior."

30 de xul. de 2019

IV VUELTA CICLISTA A LAS TIERRAS VAQUEIRAS. LA SACAGÜEYO'S


Crónica de Monky:
"Luarca foi o punto de partida e chegada da IV edición da Sacagüeyo's, este ano con unha distancia única de 138 Qm nos que se se tiñan que ascender nada mais nin nada menos que 7 portos, O Segredal, Lendequintana, Bustantigo, La Marta, Chavadoira, Forcayo e Aristébano, e por si esto parecera pouco a guinda final do Muro de Cambaral con un paso previo polo centro do pobo de un tramo adoquinado de aprox. medio quilómetro. Sen dúbida esta é unha das probas de mais dureza polo perfil do percorrido, agás para os menos valientes, como foi o meu caso, que optamos pola ruta alternativa, que dende Villayón levábanos ata Navelgas o pé do alto de Aristébano o que deixaba a ruta en pouco mais de 90 Qm., que tampouco estaban exentos de dificultade, pois había que ascender o alto de Burgazal.
Organizado polo Club Ciclista Las Brañas y el Mar, de xeito excelente o meu entender, este ano a xa popularmente coñecida como Sacagüeyo's, contou coa presenza de Marino Lejarreta e Ibán Mayo.
Hai que facer mención a iniciativa de Javi Lareo conxuntamente coa organización de sortear unha beleza de bicicleta clásica restaurada por Bichocleta, na que entraban todos aqueles que depositasen xeles, papeis ou calquera lixo para evitar que éste quedase polas estradas asturianas evitando o deterioro do entorno, cousa que por desgraza certos "pseudoprofesionais" acostuman a facer. Que cunda o exemplo !!!
Pola PC Monte Xalo acudimos Carlos Amoedo, Fran Calabria, Diego Lourido, Jorge Fernández "Yiyo" e servidor, alias Monky.
Se imos a voltar ???, non sei pero de todos é sabido que as cabras tiran o monte..."

29 de xul. de 2019

CAMPIONATO DE FONDO EN ESTRADA MASTER


Crónica de Enrique Vázquez: 
"O pasado día 28 de xullo celebróuse na localidade de Tui o campionato de fondo en estrada máster organizado polo Clube Ciclista de la Fuente. Día despexado cunha temperatura ideal para a práctica do ciclismo. Saída dende o Paseo da Corredera e uns dous quilómetros despois, en Guillarei, lanzase a carreira. Nos primeiros quilometros o nerviosismo e os intentos de fuga foron constantes. A subida As Neves e a baixada a Ponteareas fíxose co pelotón agrupado. No repeito de Alxén tensouse a carreira quedando moitas unidades fora da mesma. No primerio paso do "Tuiberg" (300 metros con pedra e adoquín) o pelotón dunhas 100 unidades rodou compacto ate a subida final e determinante o polígono de Tui uns 5 quilometros o 7 % de desnivel medio, cunha rampa final do 11%. Baixada duns 4 quilómetros e meta o coroar o "Tuiberg". Por parte da Peña só particupou Kike Vázquez acadando o terceiro posto no caixón na categoría máster 50"

15 de xul. de 2019

GRAN FONDO EZARO 2019


Crónica de David Asenjo:
"Como cada ano, este xá é o 4º, varios Xalos, Miguel Manteiga, Carlos Amoedo, Alfredo Alba mais eu, acudimos a esta proba a única en España no circuito de UCI World Series. Este Gran Fondo Ezaro é especial polo ambiente que crea a organización, e sobre todo polo percorrido, unha ruta cargada de paisaxes e con 3 portos que che obrigan a exprimir o máximo as forzas. Particularmente este ano estou moi ledo de rematar a ruta longa de 140 Qm en 5h e 23 minutos"

20 de xuño de 2019

I CRONOESCALADA CONCELLO DE CARRAL 2019




Crónica de Javi Vázquez: 
"Os veciños do club Btt de Carral organizaban por primeira vez unha cronoescalada de estrada. O día elexido era o 22 de xuño a tarde. Tres Xalos acercabanse a estrear esta nova proba. Rafa, Miguel Manteiga e Javi Vázquez. 
A proba constaría de 9 Qm e teria a sua saída no centro do pobo de Carral para dirixirse as parroquias de Quembre, Barcia ,ali xa comenzaba o verdadero ascenso nas duras rampas pa chegar a Cápela de San pedro de Rubieiro e continuar hasta Lale (coñecida no mundo Strava coma a subida da ovella). 
O mellor tempo sería para o integrante local de Btt Carral JORGE con 22'15'', os integrantes da PC MONTE XALO farían segundo para Javi Vázquez con 22' 38''  e terceiro Miguel Manteiga con 22' 43'', Rafa obtivo o cuarto mellor tempo con 23'01''. 
Bonita iniciativa dos veciños do Btt Carral por  esta nova aposta." 

11 de xuño de 2019

I MASTER BETANZOS


Crónica de Fran Calabria: 
 "O Domingo 9 de Xuño celebrabase na poboación de Betanzos a I Master de Betanzos puntuable para copa de Galicia Master, organizada polo Clube Ciclista Betanzos.
A proba tiña a saída e chegada no centro de Betanzos, cun percorrido de 3 voltas a carón da ría e co aliciente final de facer a subida a Velouzas, tamen coñocido como GALIBIER para a xente local vinculada o ciclismo. Unha proba que esperemos que se repita en anos vindeiros.
Pola parte da peña participaron Miguel Manteiga, Carlos Amoedo, Javier Vázquez, Kike Vázquez, Rubén Trigo e Fran Calabria."

21 de maio de 2019

XI TROFEO SUSO BLANCO VILLAR. ROIS

Crónica de Miguel Manteiga: 
"O sabado 11 de maio celebrouse en Rois o XI trofeo Suso Blanco Villar, unha proba en estrada organizada polo clube ciclista padronés.
Desenrolouse sobre un circuito que tiña sobre tres quilómetros, ao que se lle darían 13 voltas. Representando á peña ciclista Monte Xalo acudín eu, pasando apurillos pra poder rematar a proba, satisfeito no posto 39°."

2 de maio de 2019

X CTO DA PENINSULA IBERICA. OURENSE


Crónica de Fran Calabria :
"O mércores 1 de Maio disputabase na cidade de Ourense o CTO da Peninsula Ibérica organizada pola Fuandación Pro Deporte ADO Moure. Unha proba ciclodeportiva aberta a participación para todolos grupos de categorías que transcurría nun percorrido de 72 Qm pola capital Ourensana e culminaba no Mon de Deu (Mirador do Miño), unha subida de casi 2 Qm con tramos de pendiente de 23% na zona mais dura.
Por parte da peña foron Andrés Calvete, Kike Vázquez e Fran Calabria, que terminaron no pelotón principal." 

2 de abr. de 2019

VOLTA A LUGO MASTER. ETAPA 3 CHANTADA-CHANTADA


Crónica de Javi Vázquez: 
"Este fin de seman 30 e 31 de Marzo, celebrouse a Volta Lugo Master organizada polo Club Ciclista Chantadino, na que se disputaba en modalidade por etapas. Achegaronse equipos tanto de Galicia como de Asturias ou Castela León. 
A peña ciclista Monte Xalo estivo presente o domingo 31 na etapa 3 en Chantada proba de 70 Qm. Ata a provincia lucense desplazaronse a participar 4 membros do clube, Miguel Manteiga, Javi Vázquez, Andrés Calvete e Rafa García. Os catro fixeron un bo papel completando a proba, pasando unha bonita xornada de ciclismo de estrada cos mellores ciclistas da zona."

6 de ago. de 2018

III VUELTA CICLISTA A LAS TIERRAS VAQUEIRAS, LA SACAGÜEYO'S- LUARCA


Crónica de Roberto Pedreira:
"Inspirado polas reflexións de Monky acerca do que debería ser unha marcha cicloturista, decidinme nesta ocasión a participar na "III Vuelta Ciclodeportiva Tierras Vaqueiras" máis coñecida como "La Sacagüeyo’s", con inicio e fin na localidade asturiana de Luarca, respetando a filosofía orixinal deste tipo de probas, é dicir, facendo turismo enriba da bicicleta e esquecendo deste xeito a competición, os vatios e as levitacións marianas.
Teño que admitir que foi unha moi boa experiencia: gocei de boa compañía, coñecín xente, fundamos o BH Mini Team, disfrutei das espectaculares paisaxes montañosas, especialmente no porto de La Marta, dos incontables avituallamentos e da dureza do percorrido con 3600m de desnivel repartidos entre 5 portos e un continuo sube e baixa no que non existe un quilómetro chan ó longo dos 138 quilómetros da versión longa da proba, culminado coa ascensión ó muro situado no típico barrio luarqués do Cambaral.
Quero felicitar ós meus compañeiros Juan Maragoto, Monky, Miguel Manteiga e Esteban que finalizaron esta fermosa e durísima proba, pero especialmente a Diego Lourido, que habendo ben pouco tempo que practica este deporte, completou a que para min foi a proba máis dura na que participei ata o momento nun tempo máis que respetable.
Por último, teño que confesar que algo pecamos, xa que chegando a Luarca vimos que na disputa dun dos postos da categoría feminina unha das contrincantes contaba con axuda e tentamos compensar algo a contenda. O certo é que á algúns calquera escusa nos serve para empaparnos co veleno da competición."

24 de xuño de 2018

CAMPIONATO DE GALICIA CRE MASTER


Crónica de Roberto Pedreira: 
"Foi alá polos inicios deste ano cando varios integrantes desta peña decidimos embarcarnos nesta aventura do Campionato galego de contrarreloxo por equipos, motivados pola busca de novas experiencias enriba da bicicleta. Comezaron así os primeiros adestramentos ó saír de traballar con desacordos e con desaxustes que se foron pulindo pouco a pouco. Unha vez disputada a proba teño que dicir que foi para min un auténtico pracer competir cos meus compañeiros José Manuel Marante, Andrés, Kike, Julio e Fran. Tampouco nos podemos esquecer de Miguel Amado e Miguel Manteiga que nun principio ían formar parte deste equipo e participaron en varios adestramentos pero por motivos persoais non puideron disputar a proba a pesar da ilusión que lles facía. Entre todos conseguimos facer un bloque a partir dun grupo ben heteroxéneo e completar unha crono máis que digna, sobre todo tendo en conta a nula experiencia da maioría de nós e o técnico que era o circuíto de O Porriño deseñado polo CC Máster da Louriña. Moita ilusión e capacidade de sacrificio de todos e cada un de nos foron os medios para conseguilo.
Tamén temos que darlle as gracias a Juan Maragoto que tivo un papel clave o día da proba axudándonos nos momentos previos á carreira. De feito se non é por el seguramente non tomaríamos a saída debido a un despiste do grupo."
https://photos.app.goo.gl/uQ54mAyEt8D5JxEP7

15 de xuño de 2018

XXI DESAFÍO FRAGAS DO EUME- AS PONTES





 
Crónica de Javi Vázquez: 
"O 10 de Xuño desprazámonos a Vila de As Pontes tres compoñentes da Peña (kike, José Luís e Javi Vázquez) para disfrutar de esta marcha entorno as fragas do Eume. Este ano levamos unha climatoloxia un pouco humida, este día íanos dar unha tregua, respetounos en casi todo o percorrido ata os últimos qm que, como non, acabamos mollándonos.

A Marcha partiria do Concello de As Pontes, de maneria controlada descendimos paralelamente o marxen dereito do río Eume o longo dos concellos de A Capela e Cabanas, para atravesar logo a vila mariñeira de Pontedeume (Qm35), onde poidemos disfrutar de magníficas vistas da costa. Dende aquí adentrámonos de novo na sinuosa orografía das Fragas do Eume, na que sería a parte mais esixente da proba, a través dos concellos de Monfero, Irixoa y Xermade, dende onde regresariamos ata As Pontes  para ascender o alto do Marraxón e voltar de novo a As Pontes, tras ter percorrido unha distancia total de 120 qm e superar 2.100 metros de desnivel acumulado.  O longo de esta segunda parte do percorrido atopamos con cinco ascensiones de mediana entidad, todas elas con desniveis medios entorno o 6%, por este orden: Alto de Aurela (5,3 Qm), Alto de Bico da Costa (3,9 Qm), Alto de Camposa do Foxo (3,2 Qm), Alto de Momán (1,5 Qm), neste alto a anécdota foi a topar ali a cinco "Xalos" animando na cuneta os seis compañeiros, todo un alento neses intres, e finalizar co Alto de Marraxón (5,2km), ademáis de multitude de ascensiones de menor entidad que sen dubida acabaron minando as fuerzas dos participantes. Fermosa marcha que ten a posibilidade de  velocidade de ritmo libre, o que permite probarse as capacidades de cada un. (excepción dos 35 primeros qm). 


14 de xuño de 2018

CLASICA LAGOS DE COVADONGA 2018


 
Crónica de Iván Bugallo:  "O pasado 10 de Xuño catro Xalos nos achegamos á Clásica Lagos de Covadonga 2018, concretamente Juan Carlos Sánchez, Alberto Sánchez, Carlos Fernández e o que suscribe. Este ano era o primeiro no que se incluía a modalidade de corta distancia, co mesmo percorrido da clásica, pero excluindo a subida a Lagos. Nós fixemos todos a longa, reseñando que precisamente para darlle un sentido á corta, cambiouse a subida á Robellada, que como lembraredes era case de trámite, por a subida a O Torno (Riensena), que xa é un porto de certa entidade e fai maior dano nas pernas para subir a Lagos. Tamén reseñar que o avituallamento que había en Roballeda non se sustituiu, polo que os antigos 3 en carreira quedaron en 2, dende o meu punto de vista insuficientes pero supoño que ten que ver con que Unipublic se fixera cargo da proba (agora mais que nunca é un negocio). Na parte persoal primeira caída nunha marcha, o que unido a un inverno con mala saúde invítame a deixala bici ata a tempada que ven."

30 de maio de 2018

III TROFEO PATROCINADOR CONCELLO DE BOIRO



Crónica de Enrique Vázquez: 
"O domingo 27 de maio celebrouse a terceira edición do Trofeo Patrocinador, Concello de Boiro, lugar moi coñecido  pola nosa Peña polas probas de CX e múltiples entrenos. As 11:30 horas deron a saída de tódalas categorias (máster 30, 40 e 50). A proba consistiu en dar dúas voltas a un circuito duns 35 qm. e con unha subida final que esnaquizou o pelotón; antes diso houbo unha escapada que chegou ate a meta. A proba, sen ter moito desnivel positivo acumulado, fixose moi dura polos moitos repeitos e velocidade media alcanzada (40 quilómetros/hora. Por parte da Peña só participou Kike acadando un quinto posto."

21 de maio de 2018

VII TROFEO GONDOMAR MASTER

Cronica de Enrique Vázquez:
"O pasado día 20 de maio celebrouse na localidade de Gondomar o VII Trofeo máster Concello de Gondomar. A proba consistiu en dar cinco voltas (catro para os  master 50 e 60) a un circuito no que destacaba a dureza da subida ao alto do Couso. A estreitez dun treito chan, os "latigos" á saída das curvas e o nervisismo dos participantes deron coma resultado tres caídas: nunha delas o participante rematou coa clavícula rota e tivo que neutralizarse a carreira para que puidera ser atendido. Despois duns 20 minutos volveu continuar cunha saída lanzada  dende a meta con dúas caidas máis (nunha delas vímonos implicados dous master 50) Xa non foi posible entrar no grupo de cabeza. O final un terceiro posto por parte do único participante (Kike) e outro trofeo "pa la saca" 

16 de maio de 2018

XI TROFEO BLANCO VILLAR- ROIS

Crónica de Enrique Vázquez:
"O pasado día 12 de maio ás 11:30 horas celebrouse na localidade de Rois  a proba máster de  San Isidro, XI Trofeo Blanco Villar. Antes da carreira máster houbo varias categorías (féminas e sub 23). A maña estivo moi toldrada ameazando choiva sen chegar a descargar. A proba consistiu en dar 15 voltas a un circuito cun repeito antes de meta que fixo a criba entre os participantes. Por parte da Peña só participou Kike conseguindo o terceiro posto no caixón na categoria máster 50." 

4 de maio de 2018

X CTO PENÍNSULA IBÉRICA

Crónica de Fran Calabria:
"O martes 1 de Maio, festivo por día do Traballador, o noso equipo puxose a traballar para disputar o X CTO DA PENÍNSULA IBÉRICA organizada por a FUNDACIÓN ADO MOURE PRO DEPORTE. A proba constaba duns 73 Qm con un terreo rompepernas, no que se colleria unha velocidade media de 44 Qm/h antes de subir o porto final, que sería o alto NOM DE DEU, con rampas de ata +17%.
Por parte da peña participaron Kike Vazquez, Roberto Pedreira, Sergio Morandeira e Fran Calabria. Cabe destacar a actuación de KIKE, que conseguiría culminar a etapa nos postos delanteiros, quedando Segundo calificado na categoría Master 50." 

15 de abr. de 2018

I TROFEO CICLISMO CONCELLO DE ORDES

Cronica de Miguel Manteiga:
"O domingo 8 de abril celebrouse o I trofeo de ciclismo concello de Ordes, proba de estrada para Junior e Máster. Cun percorrido de 75 Qms totalmente rompernas tomaron a saída uns 130 ciclistas. Foise a unha velocidade bastante alta e a chegada resolveuse ao sprint. A climatoloxía pouco acompañou, con frío, vento e chuvieiras fortes. Por parte da peña Ciclista Monte Xalo participou Miguel Manteiga."

19 de abr. de 2014

ADESTRAMENTO NO BARBANZA.

Coma case todalas pretemporadas voltamos o Barbanza a facer un adestramento de fondo aproveitando o terreo chan, os portos de 10 km, e neste caso tamén un tempo totalmente fora de lugar para a época do ano na que nos atopamos. A tarde do xoves santo, os computadores das bicis chegaron a rexistrar 30º C !!Ruta rompepernas co Iroite o final, un porto xa de entidade cos seus case 12 Km de lonxitude, para acabalo percorrido no lugar de saida tradicional, o camping Barraña de Boiro. Alí nos presentamos Roberto Pedreira, Guille, Miguel, Yiyo, Marante e Julio. Adestramento estupendo, no que rodamos de maneira moi constante durante case 5 h. O acabar, ducha e cea no propio camping a que se uniu tamén Sonia. O final entre os estupendos calamares e a distendida e agradable charla, cando chegamos a Cambre era case a 1 da mañá. Magnífico entreno !! Escoitei por ahí que o próximo é en Proaza, onde nos esperan os impresionantes paraxes e portos asturianos. Aver si somos capaces de disfrutalo tanto coma o de onte.


18 de mar. de 2014

BILBAO BILBAO 2014


 A pesar de ir xá pola súa XIV edición, para nós esta foi a primeira participación en esta clásica cicloturista. Dende A Coruña desplazámonos Guille, Julio, Miguel, Monky e Yiyo, mentres que dende Pamplona acudía a cita Jesús Díaz Mella con quén por mala sorte non poidemos contactar debido a enorme cantidade de ciclistas que participaron na proba.

O día presentouse algo fresco pero co paso da xornada disfrutamos de un tempo solleiro, que fixo todavía mais placenteira a participación. A o longo de 115 qm. que empezaban e remataban no mesmo corazón de Bilbao, ascendimos os montes Andraka, Unbe, Artebakarra, Gerekiz e Morga, que non presentaban unha excesiva dureza o cual facía apta esta proba para a xente rodadora. Tamén nos acompañaron en esta aventura David e Iván do CC Cambre cos cuales pasamos un par de días no País Vasco para non esquecer. Estupenda cicloturista nun marco incomparable. Agur Bilbao, ata a próxima.