Amosando publicacións coa etiqueta entrenamento. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta entrenamento. Amosar todas as publicacións

12 de maio de 2015

ADESTRAMENTO DE FONDO. PONFERRADA


Ponferrada ten algo especial para o ciclismo, de todos é sabido as marchas cicloturistas que organizan os clubes locais, e nós coñecedores da zona, decidimos plantexar un adestramento de fondo con saída e remate na cidade pero ascendendo antes o xigante leonés do Morredero. En total saen case 130 quilómetros nos que se mestura o terreo chán con algunha subida levadeira como a que comeza en Arganza de uns 6 quilómetros sen desniveis importantes, ou a que hai pasando o Lago de Carucedo, anterior a ésta, mais curta pero mais dura. Con un ritmo asequible, rondando os 27 de media volvimos a Ponferrada antes de iniciar o ascenso do Morredero, que che recibe logo de unha leve pendiente con unhas rampas durísimas nas que se chega a picar o 19% de desnivel, o que xá pasa factura para o resto da escalada, tendo en conta que en total son 23 quilómetros ata a estación invernal. Sobre os 9 quilómetros de subida, o que xá de por sí é un porto importante dada a dureza, atopamos o pobo de San Cristobal de Valdueza, último núcleo habitado do Morredero  que che despide con unha rampa de quilómetro e medio o 15% mantenido, no que algúns integrantes do pelotón puxeron punto e final, pois a falta de fondo físico provocado por lesións i enfermidades, aconsellaba non seguir co esforzo, así que Julio, Marante e Monky diron volta para Ponferrada en este punto, pero Guille, Miguel , Roberto Pedreira e Yiyo non desaproveitaron a ocasión e conseguiron doblegar esta montaña, esixente como a que mais. Bó día en boa compañía, aderezado coa guinda do respeto que mostraron os conductores hacia nós, o cual devolvimos intentado estorbar o menos posible, facilitándolles os adiantamentos alí onde mais difícil se facía. En resumo, xornada cicloturista total.


3 de maio de 2014

ADESTRAMENTO EN LALIN

130 Km, 2.750 m. de desnivel, 18º e soleado. Eses foron os datos do adestramento en estrada de Lalín. A xornada a priori presentábase sen ningún porto destacable, e con moito sube e baixa. Con esta idea saimos rodando case incoscentemente moi rápido, alcanzando a localidade do Carballiño en menos dunha hora. Nesta población perdémonos buscando o camiño de Ribadabia ( hai carteis de Vigo por todalas esquinas, pero para ir a capital do Ribeiro, nada de nada...... ) e dimos un rodeo que nos fixo incrementalos Km previstos. Con todo, saimos cara a Leiro onde nos esperaba un duro porto de 6 Km con 3 centrais onde os Garmin chegaron a picalo 11-12-13 e 14 %. Unha vez coroado este alto e dende a localidade de Avión, empezamos a subir outro porto, este máis tendido, pero tamén duns 7 Km ate o pobo da Ermida, para deixar Ourense e entrar de novo na montaña pontevedresa. A partires daquí ruta totalmente rompepernas, sin un Km chan, incluindo a subida doutros 6 Km o alto da Canda, dende onde xa se divisaba a comarca do Deza e Lalín, pero aínda a uns 20 Km. Baixada longa e moi rápida deste alto para enlazar de novo cuns Km finais cheos de tobogáns ate o mesmísimo hotel onde poidemos disfrutar da máis que merecida ducha que calmou un pouco o dor de patas, e sobre todo unha cea magníficamente preparada, apta para deportistas a base de polbo a brasa e churrasco a fartar. Algunha omenaxe compría facerlle o patrón de Lalín, que tan amable se retratou connosco.....!!!


19 de abr. de 2014

ADESTRAMENTO NO BARBANZA.

Coma case todalas pretemporadas voltamos o Barbanza a facer un adestramento de fondo aproveitando o terreo chan, os portos de 10 km, e neste caso tamén un tempo totalmente fora de lugar para a época do ano na que nos atopamos. A tarde do xoves santo, os computadores das bicis chegaron a rexistrar 30º C !!Ruta rompepernas co Iroite o final, un porto xa de entidade cos seus case 12 Km de lonxitude, para acabalo percorrido no lugar de saida tradicional, o camping Barraña de Boiro. Alí nos presentamos Roberto Pedreira, Guille, Miguel, Yiyo, Marante e Julio. Adestramento estupendo, no que rodamos de maneira moi constante durante case 5 h. O acabar, ducha e cea no propio camping a que se uniu tamén Sonia. O final entre os estupendos calamares e a distendida e agradable charla, cando chegamos a Cambre era case a 1 da mañá. Magnífico entreno !! Escoitei por ahí que o próximo é en Proaza, onde nos esperan os impresionantes paraxes e portos asturianos. Aver si somos capaces de disfrutalo tanto coma o de onte.


5 de feb. de 2014

MATERIAL DIDACTICO DE SAUDE NO DEPORTE.

Os colaboradores que nos ofreceron as charlas sobre Saúde no deporte o pasado mes de Decembro, amablemente nos facilitan as presentacións e o material que eles empregaron nas xornadas formativas, e que nos poñemos á vosa disposición a modo de recordatorio.

Antonio Areal Naya - Iniciación ( Esperar a que cargue a presentación e ir navegando coas flechas)



14 de dec. de 2013

2ª XORNADA SOBRE SAUDE NO DEPORTE: RECUPERACION.


Este xoves pasado tocoulle a Pablo Fernández Barros de BOGAR, en Betanzos, fisioterapeuta, acupuntor e especialista en medicina tradicional china, charlar con nos de como debemos de facer exercicio para previr as lesión. Moi `proveitosa a charla, Pablo. Grazas por compartir o teu tempo con nós e por toda a axuda que nos deches na organización de estas xornadas.




Lembrade: o martes 17 Rita Allegue falaranos de como comer e beber para facer deporte.
Interesarache, con cada charla caesenos algún falso mito!!

11 de dec. de 2013

1ª XORNADA SOBRE SAUDE NO DEPORTE: INICIACION.

Interesante charla impartida por Antonio Areal, onte, na que nos orientou en como debemos de desenvolver a nosa práctica deportiva, con varios conceptos básicos e unha boa orientación ó entrenamento saudábel e proveitoso.


Grazas a Antonio e a tódolos asistentes pola súa presencia e participación.

Xa sabedes o vindeiro xoves máis (Recuperación, por Pablo Fernández Barrós)

28 de out. de 2012

"Menos pode ser mais"

Revolucionario, creo que é o adxetivo que se pode utilizar para calificar a información do artigo do Dr. Mercola que nos da claves para mellorar a nosa saude e aumentar a enerxía. 
Para leer o artigo pica no título seguinte.

Menos Puede Ser Más, la Investigación Demuestra: Maximice los Beneficios del Ejercicio Encontrando su "Zona Goldilock" o "Zona Habilidades"