Amosando publicacións coa etiqueta saúde. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saúde. Amosar todas as publicacións

17 de dec. de 2013

3ª XORNADA SOBRE SAÚDE NO DEPORTE: NUTRICION

Rita Allegue de xeito claro e ameno instruíunos nesta terceira xornada en como comer e beber de xeito correcto, xa, que lle fagamos caso ou non e si non corriximos o que xa sabemos que son malos hábitos, é cousa nosa.



Grazas a Rita, por explicarnos claramente como complementar o deporte cunha alimentación saudable.

14 de dec. de 2013

2ª XORNADA SOBRE SAUDE NO DEPORTE: RECUPERACION.


Este xoves pasado tocoulle a Pablo Fernández Barros de BOGAR, en Betanzos, fisioterapeuta, acupuntor e especialista en medicina tradicional china, charlar con nos de como debemos de facer exercicio para previr as lesión. Moi `proveitosa a charla, Pablo. Grazas por compartir o teu tempo con nós e por toda a axuda que nos deches na organización de estas xornadas.




Lembrade: o martes 17 Rita Allegue falaranos de como comer e beber para facer deporte.
Interesarache, con cada charla caesenos algún falso mito!!

11 de dec. de 2013

1ª XORNADA SOBRE SAUDE NO DEPORTE: INICIACION.

Interesante charla impartida por Antonio Areal, onte, na que nos orientou en como debemos de desenvolver a nosa práctica deportiva, con varios conceptos básicos e unha boa orientación ó entrenamento saudábel e proveitoso.


Grazas a Antonio e a tódolos asistentes pola súa presencia e participación.

Xa sabedes o vindeiro xoves máis (Recuperación, por Pablo Fernández Barrós)