12 de maio de 2015

ADESTRAMENTO DE FONDO. PONFERRADA


Ponferrada ten algo especial para o ciclismo, de todos é sabido as marchas cicloturistas que organizan os clubes locais, e nós coñecedores da zona, decidimos plantexar un adestramento de fondo con saída e remate na cidade pero ascendendo antes o xigante leonés do Morredero. En total saen case 130 quilómetros nos que se mestura o terreo chán con algunha subida levadeira como a que comeza en Arganza de uns 6 quilómetros sen desniveis importantes, ou a que hai pasando o Lago de Carucedo, anterior a ésta, mais curta pero mais dura. Con un ritmo asequible, rondando os 27 de media volvimos a Ponferrada antes de iniciar o ascenso do Morredero, que che recibe logo de unha leve pendiente con unhas rampas durísimas nas que se chega a picar o 19% de desnivel, o que xá pasa factura para o resto da escalada, tendo en conta que en total son 23 quilómetros ata a estación invernal. Sobre os 9 quilómetros de subida, o que xá de por sí é un porto importante dada a dureza, atopamos o pobo de San Cristobal de Valdueza, último núcleo habitado do Morredero  que che despide con unha rampa de quilómetro e medio o 15% mantenido, no que algúns integrantes do pelotón puxeron punto e final, pois a falta de fondo físico provocado por lesións i enfermidades, aconsellaba non seguir co esforzo, así que Julio, Marante e Monky diron volta para Ponferrada en este punto, pero Guille, Miguel , Roberto Pedreira e Yiyo non desaproveitaron a ocasión e conseguiron doblegar esta montaña, esixente como a que mais. Bó día en boa compañía, aderezado coa guinda do respeto que mostraron os conductores hacia nós, o cual devolvimos intentado estorbar o menos posible, facilitándolles os adiantamentos alí onde mais difícil se facía. En resumo, xornada cicloturista total.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.