13 de maio de 2015

MINI TRAIL DO LOR

Crónica de Bruno Cardamas, brilante vencedor no minitrail.

"O pasado sàbado tocaba correr o miniTrail do Lor en Quiroga (Lugo), 18 qms con 1300 metros de desnivel acumulado nun día de calor espectacular. O día anterior cheguei a noite con todo preparado para o día da carreira. Durmía no Albergue de Quiroga con dous compañeiros de fatigas, os cales ían facer o Trail Longo de 42 kms. Despertamos as 7:15 da mañan, desaiunamos algo nunha das cafeterías cerca do albergue e con todo preparado colocámonos na liña de saída as 8:50 aprox. A saída era conxunta e polo tanto era díficil saber quen ía a cada carreira e decidín sair forte e colocarme no grupo de diante e esperar a que as pernas respondesen.
No avituallamento do qm 6 aprox separàbanse as dùas carreiras e aí tocaba dar o callo ou alomenos intentalo.
Tras unha baixada longa onde adiantei a 4 rapaces fun tirando con bastante forza ata o segundo avitualluamento e alí a miña sorpresa foi grande, ò parecer ía primeiro. Aí foi cando me dixen: " agora toca apretar e intentar subir ó podium Bruno". Así o fixen i entrei na recta de Quiroga sabendo que a falta de 500 metros tiña a meta e por tanto o meu primer triunfo nesto do trail, disciplina que me ten tolo !!!
Ao cruzar a meta a ledicia foi grande aínda que non son moi expresivo, seguramente por non estar acostumado. Ja,ja,ja. Nunca pensei cruzar primeiro, pero o mais bonito foi que a xente que me coñece e me ve nestas carreiras apoioume coma sempre e alegráronse por min !!!
Agora a seguir facendo o de sempre, disfrutar do monte, e se se pode repetir xenial !!!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.