14 de maio de 2015

II BTT MIGUEL MANTEIGA

Hai unha frase mítica entre os cicloturistas da contorna para definir a grandes rasgos o Monte Xalo, e dí así "O Xalo é...o Xalo". Esto quere dicir que podes botar o día dando voltas sen parar e sempre atopas algún camiño novo por onde sacarlle partido a túa btt,  sin estar exento da súa dose de dureza. Os da Asociación Deportiva Castelo nesta II edición da marcha Miguel Manteiga, coa súa excelente organización volveron a rizar o rizo,  baseándose no percorrido da anterior e con algunha nova variante superáronse a sí mesmos. O roteiro no que participamos un total de 20 Xalos, foi curto, duro e sobre todo espectacular, non divertirse en este trazado era misión imposible. O tempo e a temperatura acompañaron, e a churrascada final, abondosa e saborosa puxeron a guinda a unha excelente xornada  na que se homenaxeaba a un ciclista o que lle temos un especial agarimo, Ezequiel Mosquera. Queda claro que estaremos presentes nas vindeiras edicións, porque cumplimos sobradamente o obxectivo de divertirnos e por riba tivemola sorte de non atopar a ninguén espido polo monte adiante. Día beteteiro redondo...era visto !!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.