15 de maio de 2015

CLASICA ALVARO PINO E TRIATLÓN DE OLEIROS

 Cronica de Iván Bugallo:
"O sábado 9 de maio estiven en Ponteareas participando na Álvaro Pino cos meus amigos e compañeiros de qms do equipo No-Los Dous. As miñas impresións personais son excelentes, pero sobre todo porque atopeime nun bó momento de forma dentro das miñas posibilidades e puiden exprimirme.
Este ano variou novamente o percorrido, sendo desta volta moi rodador, 145 qms durante os que somentes había un porto, o de San Cosme, pero sen subir ao Mirador de Herville, o que permitiu medias de velocidade moi altas. De feito fixen unha media de 32 qms/h e iso que cabeza de carrerira sacoume case 15 minutos. Marante houbera gozado, he he.. Nunca fixera unha proba rodadora, e será a novedade, pero gustoume tanto ou máis cas de montaña. Os primeiros 30 qms foron neutralizados, o que non me convenceu, pois se produciron moitos freazos, provocados polo coche de cabeza, que a piques estiveron de provocar alguna montoneira. A organización estivo bastante ben en carreira, aínda que pouco comunicativa antes e despois. Os avituallamentos da ruta ben colocados pero algo floxos. Houbo unha caída dura, queixándose os afectados de que a organización se desentendera deles, non preguntou cómo estaban, e tiveron que pagar un taxi para volver do hospital. Bon avituallamento final na meta, e pésima información de ónde se podían consultar os resultados (nunha páxina portuguesa) e se pensabas conseguir fotos, esquénceo.
En resumo, eu paseino en grande, pero analizándoo de forma obxetiva á organización quédalle moito por mellorar se quere ser un referente.
Por outro lado, o sábado 23 corrín o meu primer triatlón, en Oleiros. A experiencia é inversa á antes exposta. A nivel persoal sufrín moito máis do que esperaba, pero a organización foi moi boa. Nadouse na praia de Mera, o circuíto de bici era subir 4 veces de Mera a Dorneda (20 qms) e a carreira a pé outras 4 voltas dende Mera en dirección Maianca. No mar perdime (ao levar a cabeza dentro da auga no vía a boia), pero na bici recuperei moitos postos, e correndo desfondeime. Aínda así fixen un 95 de 200 que me parece aceptable para sela primeira vez. 
Reservaron dúas zonas amplias de estacionamento só para corredores cerca da saída, o cal foi un acerto. Os boxes estaban vixiados e só podías pasar co teu DNI ou licenza na man. Sinalización perfecta, avituallamentos nulos durante a proba pero bos na meta.
En resumo, unha experiencia incríble que vos recomendo ao 100%. Apretade na parte da bici, que se nota que é o noso e pódense remontar moitísimas posicións. Eu saín case último da auga e correndo desfondeime, pero grazas ao que fixera na bici (a orde das probas é natación-bici-correr), mantiven un posto digno. Ah, non esquenzades prácticar as transicións. Eu non o fixen porque me daba igual o tempo, pero o problema non era facelo rápido ou despacio, se non que da agua sales mareado e para collela bici tela, e cando deixas a bici e comezas a correr, as pernas parecen de cemento".


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.