6 de maio de 2015

III BTT OZA CESURAS

Por Sebastián Gonzalez Miguez:
"Terceiro ano que se celebra esta BTT, que vaise posicionando como unha das obrigadas o longo da temporada. Os días previos o tempo non acompañara, e o mesmo día da BTT caía auga dende ben cedo sen parar. Por sorte, xusto o chegar a recollida de dorsais, deixou de caer auga e así mantívose todo o día. Pero o mal xa estaba feito; unha ruta esixente (1300 m acumulados en 40 qm) pola ausencia de tramos de descanso, con continuas subidas e baixadas fíxose aínda máis complicada e divertida pola cantidade de lama acumulada. Durante as baixadas había que ir moi atento as raíces dos árbores que aseguraban caída con tocalas. A totalidade da ruta estaba perfectamente marcada, sen posibilidade de pérdida e o avituallamento no qm 20 fixo unha necesaria pausa na metade dun gran ascenso. Coma sempre as vistas dende o alto do Monte do Gato non defraudan. Pinchos e bebida o rematar a BTT puxeron o colofón a unha grande xornada, na que a peña ciclista Monte Xalo tivo 6 representantes."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.