30 de abr. de 2015

VI TRAVESIA DO XALO

Por Ricardo Louro Vilariño:
O domingo pasado acerqueime ata Castelo para participar na  VI Travesia do Xalo (de travesia nada). A verdad que  ía con moito respeto pois me comentaran que era moi dura con respecto as outras duas probas que xa fora (Ruta do Anllons e Trail Cidade da Coruña)
A o principio da carreira  non parecia que fose para tanto pero según ían pasando os qm a cousa cambiaba,  pois tiñamos moitos tramos de subida que  polo  menos eu facia andando, xa na mitad do percorrido nas subidas que xa eran bestiales ainda adiantaba a algun que outro participante, pero nas baixadas eu perdia moito tempo (medo a torcer un tobillo, e algun baixaba coma se estivera correndo o Coruña 10).
A o chegar arriba a o Xalo por segunda vez creo (xa non sabia onde estaba de tantas voltas que nos deron polo Xalo) habia un tramo chán que a verdade me veu moi ben para recuperar algo as pernas e ir adiantando algun posto. Baixando hacia Castelo xa me dixeran que  non forzase pois ainda habia algunha que outra" subida", e menos mal que me avisaron pois ao  ir baixando vias no monte de enfrente por donde ían os primeiros  e xa metia medo, ao chegar abaixo  e empezar a subir aquelo parecia a guerra (xente estirando, algun tumbao no medio do carreiro) nesa subida debin adiantar a uns 15 polo menos, (pa min a peor subida con diferencia). Despois ata a meta fíxoseme eterno, pois escoitabas a megafonia e parecia que xa estabas chegando pero non, dabas voltas e mais voltas, para min foron os peores qm con diferencia. A o final cheguei  no posto 59 (creo que bastante ben). Coma sempre a organizacion de Castelo Deporte moi ben (avituallamientos completos e moi ben señalizado o percorrido).


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.