29 de abr. de 2015

DESAFIO VOLTA A LUGO

Por Nicolás Crespo Abad:

Os pasados días 24, 25 e 26 de Abril celebrouse o Iº Desafío Volta a Lugo, proba dividida en tres etapas que percorrían as zonas mais representativas da xeografía lucense. 
Roberto Río e Nicolás Crespo portaron os maillots do clube nesta ocasión, cos dorsais 123 e 19 respectivamente.
A primeira Etapa comezaba o venres na Praza Maior de Lugo pouco pasadas ás 11.00 da mañá baixo unha choiva que prácticamente foi una constante en todo o transcurso da etapa. Para completar os 86 quilómetros ata Mondoñedo, o pelotón debía superar o Alto de Marco de Álvare (3ª Categoría), o Alto da Cruz da Cancela e o Alto de Lindín, ambos de primeira categoría. Ata o quilómetro 25 aproximadamente o grupo permaneceu neutralizado. A partir de ahí, o tratado de paz terminou según facía acto de presencia o primeiro alto. Formouse un grupo en cabeza de 30 corredores, que permaneceu unido ate o último porto, momento no que se fragmenta e en cabeza chegan 16, sendo mínimas as diferencias entre os seguintes na meta, situada a carón da Catedral de Mondoñedo tras una espectacular baixada. Roberto Río cruzou a meta en 26º lugar a 50” do gañador, a xoven promesa do Clube Cidade de Lugo, Diego González Barreiro. Trixésimo segundo posto para Niko, cedendo 3 minutos,  tras facer unha mala xestión da primeira subida e algo penalizado na baixada da misma polo vento lateral.

O sábado o panorama era ben diferente. 127 quilómetros pola Terra Cha agardaban ós ciclistas que tomaban a salida en Mondoñedo para cruzar a provincia e chegar A Pobra de Brollón. Tras cubrir os 20 primeiros e subir neutralizados o alto da Xesta, o grupo fixo un vuelo rasante polos largos planos que nos conducían ó alto do Oural. Foi neste alto sarriano onde regresou a choiva, que aportou un plus de complicación a rápida baixada ó seu paso pola poboación de Noceda. Estou seguro que todavía lle tremen ás pernas a mais de un. Nos derradeiros compases da etapa, o pelotón reármase e a victoria dispútase ó sprint, levándo o gato á auga nesta ocasión Jose Antonio Glez. Basanta, do E.D. Lourenzá. 25º e 37º lugar ocuparon na Pobra de Brollón Niko e Roberto Río. Realmente rápida e espectacular, por moito que a calificase a organización como “etapa de trámite”. 
Tras pernoctar en Monforte e almorzar a pertinente bollería industrial con Golden Grahams (a leite desnatada, por suposto), retornamos a Pobra de Brollón para percorrer os 80,5 quilómetros que poñían fin a este Iº Desafío Volta a Lugo. As 10.30h arrancaba a temible etapa. A mecánica era a misma que en días anteriores, os primeiros 25 co pelotón neutralizado. Desta maneira fixemos a subida o Alto de Aldriz (3ª categoría) e continuamos cara Quiroga para ascender o Alto do Boi, porto de 1ª na Volta a España. Nos primeiros metros da misma e coincidindo coa apertura do tramo libre, saltou do grupo o coruñés do Cidade de Lugo, Diego González, ó que Niko lle puxo toda a pasión e empeño que levaba encima para alcanzar e intentar unha posible fuga. Según avanzaba o tempo, as esperanzas esfumábanse á mesma velocidade que lle adiantaban outros participantes do desafío. Facendo a maioría da ascensión roto e solo, nun momento que voltou a vista atrás, aparece Roberto Río, formándose unha sociedad que traballando man a man nun terreo destroza-pernas, foi escalando posicións cunhas condicións climatolóxicas adversas e sin apenas referencias ca xente de diante. No alto de Parada dos Montes a chuvia e o frío volvéronse moito mais severos, convertindo a xa de por si perigosa baixada nunha trampa de lama por zonas e manta de auga por outras. Por mor de estos factores Roberto pinchou a un suspiro da meta (7 escasos) e o vir as asistencias cos grupos rezagados, non poido completar o Desafío. Toda unha mágoa despois do recital de compañerismo que demos. O mellor final sería chegar ambos xuntos a Pobra de Brollón pero nesta ocasión non puido ser. O mais rápido en Meta, Eduardo Pérez de NoSportLimit, que de nada lle serviu o triunfo, xa que a clasificación xeral foi a parar a mans de Iñaki Pena-Manso.
Coma sempre recalcar, que o espíritu competitivo en este tipo de eventos, debe quedar nun segundo plano, xa que o de verdad importante e disfrutar do deporte, do entorno onde ten lugar e, sobretodo, dos momentos que brinda coa xente que te atopas dentro de él. 
Damos o noso agradecemento ó Clube Ciclista Cidade de Lugo, organización, Guardia Civil, voluntarios e a tódalas persoas que fixeron posible este I º Desafío Volta a Lugo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.