Os organizadores deseñaron dous percorridos, un corto de 111 Qm que contaba cas subidas encadeadas a Piedrasluengas, Collada de Ozalba e Collada de Hoz, e un percorrido largo de 184 Qm e menor desnivel medio co corto, onde se subía principalmente Piedrasluengas e San Glorio. Cada un dos percorridos contou con aproximadamente 200 participantes dos territorios do norte da Península e de Castela.
Non facían presaxiar nada bo as precipitacións meteorolóxicas, que anunciaban choivas e frío. Nada mais lonxe da realidade as únicas precipitacións que sufrimos foi un pequeno orballo namentres se facía o acto protocolario de corte de cinta, o que axudou a disfrutar dunha gran mañá de ciclismo.
Xa en marcha e unha vez pasada a saída neutralizada polas rúas de Potes enfilamos a subida o porto tendido e largo de Piedraluengas. Por suposto, como cada vez que a velocidade e libre e/ou se reparten trofeos na meta excitase o espírito competitivo da maioría de participantes (o meu incluído) o que fai que se estire o pelotón dende o primeiro quilometro de subida e se empecen a descolgar aqueles que o queren tomar con mais calma. Xa a partir do quilometro 10 onde se endurecen lixeiramente as pendentes empezan a producirse ataques dos galos do curral o que fai que se rebente en anacos o numeroso pelotón que aínda rodaba unido. Decido subir tranquilo con medo a saírme de punto ante todo o que quedaba por diante e fago o que resta de ascensión no segundo dos grupos que se formou. Una vez coroados os 27 quilometros de Piedraluengas para a marcha corta, baixada larga e moi tendida dirección Puentenansa pasando o desfiladeiro rochoso impresionante que bordea o Embalse de la Cohilla.
Dada a falta de gañas de tirar dos meus compañeiros de grupo nesa baixada que se presta tanto a dar pedal e xerar vatios voume so collendo a outros tres ciclistas antes de chegar a Puentenansa onde iniciamos a subida, primeiro á Collada de Ozalba, que fago cun compañeiro asturiano, e despois tras un rápido descenso, á Collada de Hoz onde alcanzo a dous ciclistas cos que xa chegaría a Potes. Tras un descenso incrible e moi técnico da Collada de Hoz chegamos a poboación de La Hermida que se encontra enclavada no medio do desfiladeiro homónimo que conduce ao largo de 20 quilómetros remontando o curso do río Deva a Comarca da Liébana e o corazón dos Picos de Europa. Desfiladeiro precioso e rotundo cunha riqueza de fauna e vexetación que realmente impresiona. Nesta estrada que vai picando sempre cara arriba imos os tres compañeiros a relevos sen afrouxar demasiado o ritmo xa que levamos por detrás un grupo mais numero que se acerca por momentos. Xa en Potes quedaba "unicamente" a subida de 2 quilómetros o Mosteiro de Santo Toribio cun 900 metros finais infernais con rampas por encima do 15%. Cada un como pode, pegando chepazos e facendo eses, gañamos o ceo nun enclave tan importante para a igrexa católica.
Un avituallamento decente na meta incluíndo pequenos bocadillos de touciño, duchas e a dar boa conta xa por libre da gastronomía Lebaniega incluíndo un lechazo lebaniego de alta categoría.
En definitiva unha mui boa marcha; do mellor no que participou un servidor; con medios organizativos de primeiro nivel incluíndo coches de apoio con avituallamento en marcha así como acompañamento de moto en todo momento por diante de cada grupo; onde se transita por unha zona espectacular para a práctica do ciclismo e outras moitas actividades o aire libre, destacando o montañismo, o que permite complementar perfectamente a viaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.