130 Km, 2.750 m. de desnivel, 18º e soleado. Eses foron os datos do adestramento en estrada de Lalín. A xornada a priori presentábase sen ningún porto destacable, e con moito sube e baixa. Con esta idea saimos rodando case incoscentemente moi rápido, alcanzando a localidade do Carballiño en menos dunha hora. Nesta población perdémonos buscando o camiño de Ribadabia ( hai carteis de Vigo por todalas esquinas, pero para ir a capital do Ribeiro, nada de nada...... ) e dimos un rodeo que nos fixo incrementalos Km previstos. Con todo, saimos cara a Leiro onde nos esperaba un duro porto de 6 Km con 3 centrais onde os Garmin chegaron a picalo 11-12-13 e 14 %. Unha vez coroado este alto e dende a localidade de Avión, empezamos a subir outro porto, este máis tendido, pero tamén duns 7 Km ate o pobo da Ermida, para deixar Ourense e entrar de novo na montaña pontevedresa. A partires daquí ruta totalmente rompepernas, sin un Km chan, incluindo a subida doutros 6 Km o alto da Canda, dende onde xa se divisaba a comarca do Deza e Lalín, pero aínda a uns 20 Km. Baixada longa e moi rápida deste alto para enlazar de novo cuns Km finais cheos de tobogáns ate o mesmísimo hotel onde poidemos disfrutar da máis que merecida ducha que calmou un pouco o dor de patas, e sobre todo unha cea magníficamente preparada, apta para deportistas a base de polbo a brasa e churrasco a fartar. Algunha omenaxe compría facerlle o patrón de Lalín, que tan amable se retratou connosco.....!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.