Estas son as impresións do noso compañeiro Jesús Díaz Mella, representante da PC Monte Xalo na proba de btt disputada no Concello de Arteixo, na categoría de M30 valedera para o open galego. A destacar o seu magnífico sexto posto, sobre todo tendo en conta que se trataba do seu debut na modalidade. Bravo Jesús ¡¡¡
"Este ano animeime a federarme e facer ficha en Master 30 coa P. C. Monte Xalo e probar a BTT nun ámbido diferente, a competición. O obxetivo: correr tres carreiras ás que por cercanía e data espero poder asistir.
Pois ben, o domingo 27 de abril debutei e aquí vos deixo as miñas impresións.
Cando cheguei ó circuito quedei asombrado polo ambiente, a cantidade de xente e o público (entres os que se atopaban: amigos, meu irmán e miña nai). Tras inscribirme, cambiarme e preparar a bici fixen un quencemento de 10´ preto da saída.
As 16:40 comezou a primeira volta a un circuito que me pareceu impresionante e no que era importante coller unha boa posición no sprint inicial para non sufrir ningún embotellamento debido as súas características: corredoiras moi estreitas con moita pedra, pendentes cortas e moi pronunciadas, un percorrido moi técnico e sen dúbida algunha ideal para unha 29”.
Durante a carreira fun adiantando a varios Master 30 que sairon moi ben e tamén ó quinto clasificado, membro do Club Ciclista Betanzos, quen me adiantou na última volta e non o puiden seguir, sacándome unha vantaxe de 15´´.
Ó final e tras 1h 17´ 01´´, un sexto posto que me sabe moi ben.
Unha experiencia nova, satisfactoria e que sen dúbida repetirei o vindeiro 31 de Maio no circuito da Barcala, en Cambre"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.