20 de abr. de 2014

ROTEIRO POLO MONTE DO GATO


Como non só de Monte Xalo vive o home, onte cinco compoñentes da peña, Guille, Julio, Monky, Sebas e Yiyo, acompañados por un amigo botamos a tarde dando voltas polos innumerables camiños que o Monte do Gato brinda a todo aquel que se aventure a pasar unha agradable xornada disfrutando da natureza. O día desenrolábase plácidamente, pois o tempo e a temperatura acompañaban, ata que nun descenso por un pedregal, Sebas perdeu o control da súa máquina, e nunha caída que parecía non ter consecuencias, rematou nunha fisura de radio que o terá un par de semanas apartado da bicicleta... é o que ten este deporte. Ánimo Sebas, que o Gato hai que voltar, pois que a pesar de ir guiados por un gps deunos tempo de perdernos e de volver a atopar o camiño de volta nese marco incomparable para o btt. Como guinda do pastel, a cousa rematou con un churrasco a esgalla no hotel parrillada Terra Nova na Regueira en Oza, onde nos trataron de marabilla. Xá lle estamos poñendo data de celebración a próxima...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.