24 de xuño de 2018
CAMPIONATO DE GALICIA CRE MASTER
Crónica de Roberto Pedreira:
"Foi alá polos inicios deste ano cando varios integrantes desta peña decidimos embarcarnos nesta aventura do Campionato galego de contrarreloxo por equipos, motivados pola busca de novas experiencias enriba da bicicleta. Comezaron así os primeiros adestramentos ó saír de traballar con desacordos e con desaxustes que se foron pulindo pouco a pouco. Unha vez disputada a proba teño que dicir que foi para min un auténtico pracer competir cos meus compañeiros José Manuel Marante, Andrés, Kike, Julio e Fran. Tampouco nos podemos esquecer de Miguel Amado e Miguel Manteiga que nun principio ían formar parte deste equipo e participaron en varios adestramentos pero por motivos persoais non puideron disputar a proba a pesar da ilusión que lles facía. Entre todos conseguimos facer un bloque a partir dun grupo ben heteroxéneo e completar unha crono máis que digna, sobre todo tendo en conta a nula experiencia da maioría de nós e o técnico que era o circuíto de O Porriño deseñado polo CC Máster da Louriña. Moita ilusión e capacidade de sacrificio de todos e cada un de nos foron os medios para conseguilo.
Tamén temos que darlle as gracias a Juan Maragoto que tivo un papel clave o día da proba axudándonos nos momentos previos á carreira. De feito se non é por el seguramente non tomaríamos a saída debido a un despiste do grupo."
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.