23 de xuño de 2018

LA ROSCA SOMIEDO 2018


Agora que se está a por de moda chamarlle as cicloturistas e non tan cicloturistas "desafío", en Somiedo simplemente denominan o seu roteiro circular como La Rosca, cos seus "modestos" 3000 mts de desnivel positivo na ruta longa dos 60 Qm, a cual atacamos (si se lle pode chamar así) tres membros da peña ciclista, Diego, Monky e Yiyo, acompañados de Bruno de Ciqlo Betanzos, por si acaso facía falta botar man dun bó mecánico, o que por fortuna non foi necesario. Aínda que as previsión meteorolóxicas non eran as mellores, a saída dende Somiedo foi con un día claro e sen nubes e co sol no mais alto que nos acompañou, por fortuna, ata os derradeiro tramo en baixada que nos devolvía o lugar de orixe. O primeiro cuarto de roteiro foi todo subir e subir, ata que se chegaba a Saliencia, onde se desviaban as rutas de 60 e 45 Qm, anteriormente deixaramos atrás outra variante mais "modesta" de tan só 30 Qm. Nada mais sair do avituallamento e cruzar o arco que informaba da ruta longa, empezaba a subida o Alto de La Magdalena, unha impresionante rampa de 2,7 Qm cimentada e raiada en casi toda a súa totalidade, con pendientes máximas do 36%. Segundoo os nosos datos a pendiente media rondaba o 16,5%..., logo de subidas e baixadas mais tipo endureras, o seguinte reto foi a subida o Alto de La Farrapona, por unha pista ancha que se ía empinando mais e mais ata chegar o cume, onde noutro avituallamento se xuntaban as rutas de 45 e 60. Na Farrapona rodeamos o lago de La Cueva, volvendo a subir unhas rampas que lembraban a famosa canción de Led Zeppelin "escalera al cielo" (xá imaxinaredes o porqué), para logo crestear varios Qm, e despois iniciar un longo descenso que nos levaría ata o pé da subida do Lago del Valle, que cos seus 4 Qm. nos ía recibindo coas suas rampas tamén cimentadas, mais "suavizadas" co seu tope do 26%. Chegado o cume, no derradeiro avituallamento empezou a chispear, a ameaza da treboada ía avisando. Cando por fín pensabas que xá tocaba o derradeiro descenso, atopámonos con unha vella coñecida, a lama, e abofé que había por toneladas ata o punto de quedar clavados no medio de algunha poza na que baixabas da bici e ésta quedaba de pé inscrustada no fangoso elemento. Xá estaba chovendo, pero a poucos Qm da Pola a treboada cumpliu a súa promesa e agasallounos con raios, centellas, sarabía e caldeiros de auga por doquier, aínda tal e como íamos ata as orellas de lama, xá casi tanto daba. En meta entramos os catro compañeiros que fixemola ruta xuntos, a cual non dubidamos en tildar como que dura o que se dí dura, non era, era o siguente, pero con un sorriso nos beizos, de ter superado tamaño reto. Como cicloturista, a Rosca hai que facela sí ou sí alomenos unha vez na vida, eso sí convintemente preparado, pois aínda que os asturianos pecan un pouco de humildes neste caso, a Rosca de Somiedo, sí que é un desafío en toda regla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.