Crónica de Roberto Pedreira:
"Inspirado polas reflexións de Monky acerca do que debería ser unha marcha cicloturista, decidinme nesta ocasión a participar na "III Vuelta Ciclodeportiva Tierras Vaqueiras" máis coñecida como "La Sacagüeyo’s", con inicio e fin na localidade asturiana de Luarca, respetando a filosofía orixinal deste tipo de probas, é dicir, facendo turismo enriba da bicicleta e esquecendo deste xeito a competición, os vatios e as levitacións marianas.
Teño que admitir que foi unha moi boa experiencia: gocei de boa compañía, coñecín xente, fundamos o BH Mini Team, disfrutei das espectaculares paisaxes montañosas, especialmente no porto de La Marta, dos incontables avituallamentos e da dureza do percorrido con 3600m de desnivel repartidos entre 5 portos e un continuo sube e baixa no que non existe un quilómetro chan ó longo dos 138 quilómetros da versión longa da proba, culminado coa ascensión ó muro situado no típico barrio luarqués do Cambaral.
Quero felicitar ós meus compañeiros Juan Maragoto, Monky, Miguel Manteiga e Esteban que finalizaron esta fermosa e durísima proba, pero especialmente a Diego Lourido, que habendo ben pouco tempo que practica este deporte, completou a que para min foi a proba máis dura na que participei ata o momento nun tempo máis que respetable.
Por último, teño que confesar que algo pecamos, xa que chegando a Luarca vimos que na disputa dun dos postos da categoría feminina unha das contrincantes contaba con axuda e tentamos compensar algo a contenda. O certo é que á algúns calquera escusa nos serve para empaparnos co veleno da competición."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.