13 de ago. de 2018

NOCTURNA DOS XALOS NO XALO


 
Antes de embarcarnos na "aventura" de organizar unha nova edición da Escalada o Monte Xalo, e tendo en conta que, coa mesma a unha semán vista, xá tiñamos todo mais ou menos enfocado, parte dos socios, e algún coñecido da peña tirámonos o monte nunha sesión nocturna para relaxarnos e pillar folgos de cara o que se nos viña enriba. Parte do percorrido escollido transcurría por camiños que se utilizan na marcha de Miguel Manteiga, intentando quitarlle dificultade pola falta de visión que conleva a noite, a pesares de que a infraestructura lumínica que levabamos era mais ca suficiente. Aínda así, algún susto houbo en forma de caída por fortuna sen consecuencias nin siquiera de "chapa e pintura", pois a velocidade era mais moderada polos motivos explicados anteriormente. O remate curamolas penas con callos, xamón, chourizos e cervexa, co cual xá cargamolas pilas de cara os vindeiros eventos.

https://photos.google.com/share/AF1QipOBkDtZ2ikF8yQlNqtrFaestHBQRHjtWObxPp54RMp4qvNXh93jbRo7bm94rEsF5g?key=NzB2aHAxeFVkQVRuX3FwZUo3ZV9mY2VBTFQ0cHZ3

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.