16 de ago. de 2018
VII ESCALADA CICLISTA O MONTE XALO
Parece que foi onte cando rescataramos aquela idea de facer unha proba popular con medida de tempos na modalidade de contrareloxio individual, e xa imos pola séptima edición, mantendo a ilusión de que todo saia ben igual ca primeira vez. E desta volta saiu !! Por primeira vez na historia da proba, tivemos que cerralo cupo de inscripcións antes da data definida, debido a que se chegou o tope de deportistas apuntados. Ciclistas de varios clubes da comunidade galega, e de varias comunidades estatais, díronse cita nas portas do concello de Carral, para atacalas duras rampas do coloso da mariña coruñesa, nunha tarde soleada e calurosa de agosto. Nesta tirada, tivemos dúas agradables novas; a participación de atletas sudamericanos i europeos, e o récord de participación feminina. Na parte deportiva, destacalo mellor tempo absoluto dun incrible Carlos Abellá, ciclista local e recordman da proba. Na clasificación feminina, a mais rápida foi a triatleta internacional peruana Naomi Espinoza. Dende a Peña Ciclista Monte Xalo damolas sentidas gracias, a todolos colaboradores, sen os cales a celebración, desta xa clásica, sería inviable. Os concellos e Protección Civil de Carral e Culleredo, os moteiros voluntarios, a AVAN, os patrocinadores, e a todolos voluntarios e familiares do clube, que dunha forma desinteresada e sempre cun soriso de compañeirismo axudan para que isto siga adiante cada agosto do ano seguinte. GRACIAS, E ATE O 2019 !!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.