20 de ago. de 2019

IV DESAFIO DELIO FERNANDEZ. MOAÑA


Crónica de Carlos Amoedo: 
"O pasado domingo dia 18 de agosto tivo lugar en Moaña a cuarta edición do Desafío Delio Fernández. Unha proba que combina sabiamente o cicloturismo para todas as idades coa competitividade consustancial dun xuntoiro de ciclistas con dorsal.
Pola Peña Ciclista Monte Xalo acudiu un servidor, asiduo deste evento e do apoio ao bo de Delio Fernández Cruz
A saída deu-se ás 9 da mañán cun céu gris que ameazaba chuvia. Felizmente, todo o percorrido fixo-se en seco. 
O bo desta marcha é a súa tranquilidade: transcorre neutralizada durante 90 km, a um ritmo de 25 km/h, que permite desfrutar da bici e da charleta con moita xente do pelotón, incluídos os míticos Javier Mínguez, Delio Fernández ou Alex Marque, sen a tensión, os frenazos e as caídas das carreiras (e a maioria das marchas).
O avituallamento, de parada obrigatória, faise cando van comezar as dúas ascensións do dia. Excelente deseño, organización e trato.
Finalmente, para que cada un sufra o que queira, recorde o que eran os esforzos agonísticos, e comprove o que dan de sí, a dura subida de 6 km a Chan D’Arquiña faise cronometrada. 
Nos duros 2 últimos km está situado un dos mellores “platós” imaxinables para que che saquen fotos: marco incomparable coa ría de Vigo ao fondo, de onde sairá un bo póster para mirar coa familia con saudade cando vaiamos vellos...
No meu póster porá que fixen o 13 tempo, xusto detrás de Delio, que viña de facer décimo quinto na Volta a Burgos o día anterior."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.