16 de ago. de 2019

IV TROFEO FESTAS DE SAN ROQUE. BETANZOS

Crónica de Enrique Vázquez: 
"O 15 de agosto, coma tódolos anos, celébrase en Betanzos o Trofeo Festas de San Roque con motivo das festas patronais da vila. Nun circuito duns 1.800 metros o carón do parque do Pasatempo, dábanse trinta xiros. Carreira moi nerviosa ate o final, na que cabe destacar a escapada do noso "crack" Andrés Calvete perante 10 xiros co infortunio dun pinchazo polo que xa non puido continuar. Por parte da Peña tamén participou Kike Vázquez, rematando a proba nos postos de cabeza e acadando o terceiro posto no caixón na categoría máster 50." 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.