Amosando publicacións coa etiqueta master. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta master. Amosar todas as publicacións

16 de ago. de 2019

IV TROFEO FESTAS DE SAN ROQUE. BETANZOS

Crónica de Enrique Vázquez: 
"O 15 de agosto, coma tódolos anos, celébrase en Betanzos o Trofeo Festas de San Roque con motivo das festas patronais da vila. Nun circuito duns 1.800 metros o carón do parque do Pasatempo, dábanse trinta xiros. Carreira moi nerviosa ate o final, na que cabe destacar a escapada do noso "crack" Andrés Calvete perante 10 xiros co infortunio dun pinchazo polo que xa non puido continuar. Por parte da Peña tamén participou Kike Vázquez, rematando a proba nos postos de cabeza e acadando o terceiro posto no caixón na categoría máster 50." 

29 de xul. de 2019

CAMPIONATO DE FONDO EN ESTRADA MASTER


Crónica de Enrique Vázquez: 
"O pasado día 28 de xullo celebróuse na localidade de Tui o campionato de fondo en estrada máster organizado polo Clube Ciclista de la Fuente. Día despexado cunha temperatura ideal para a práctica do ciclismo. Saída dende o Paseo da Corredera e uns dous quilómetros despois, en Guillarei, lanzase a carreira. Nos primeiros quilometros o nerviosismo e os intentos de fuga foron constantes. A subida As Neves e a baixada a Ponteareas fíxose co pelotón agrupado. No repeito de Alxén tensouse a carreira quedando moitas unidades fora da mesma. No primerio paso do "Tuiberg" (300 metros con pedra e adoquín) o pelotón dunhas 100 unidades rodou compacto ate a subida final e determinante o polígono de Tui uns 5 quilometros o 7 % de desnivel medio, cunha rampa final do 11%. Baixada duns 4 quilómetros e meta o coroar o "Tuiberg". Por parte da Peña só particupou Kike Vázquez acadando o terceiro posto no caixón na categoría máster 50"

8 de maio de 2019

IV CHALLENGE CIDADE DE SANTIAGO. ORDES


Crónica de Fran Calabria: 
"O Sábado 4 de Maio disputouse en Ordes a primeira das Master da IV CHALLENGE CIDADE DE SANTIAGO, cun percorrido de 74,6 Qm con saída no centro da poboación. O circuito era un bucle de 33 Qm con paso por Ordes e outro de 41,6 Qm que volvía a finalizar no punto de partida.
Por parte da peña participaron Miguel Manteiga, Carlos Amoedo, Andrés Calvete, Kike Vázquez, Rafa Garcia e Fran Calabria."