30 de maio de 2018
III TROFEO PATROCINADOR CONCELLO DE BOIRO
Crónica de Enrique Vázquez:
"O domingo 27 de maio celebrouse a terceira edición do Trofeo Patrocinador, Concello de Boiro, lugar moi coñecido pola nosa Peña polas probas de CX e múltiples entrenos. As 11:30 horas deron a saída de tódalas categorias (máster 30, 40 e 50). A proba consistiu en dar dúas voltas a un circuito duns 35 qm. e con unha subida final que esnaquizou o pelotón; antes diso houbo unha escapada que chegou ate a meta. A proba, sen ter moito desnivel positivo acumulado, fixose moi dura polos moitos repeitos e velocidade media alcanzada (40 quilómetros/hora. Por parte da Peña só participou Kike acadando un quinto posto."
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.