Amosando publicacións coa etiqueta regulamento. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta regulamento. Amosar todas as publicacións

26 de nov. de 2014

PEDALEA SEGURO

O vindeiro mes de decembro imos celebrar unha xornadas encamiñadas a fomentar a seguridade do ciclista tanto en vías urbanas como interurbanas.

 O Centro Sociocultural de O Graxal será o lugar onde se impartan as charlas, éstas terán aproximadamente unha hora e media de duración, comenzando as 20:30h e rematando as 22:00h

Estos serán os puntos a tratar:

DIA 16
- Divulgación técnica a cargo da Xefatura Provincial de Tráfico.
- Circulación en vías urbanas a cargo de persoal técnico de Movi-Liza.

DIA 18
- Mellora da sinalización viaria para a circulación en bicicleta a cargo do CC Riazor.
- Convivencia da bicicleta e o automóvil nas estradas a cargo da PC Quintena.
-Punto de vista de un ex-profesional.

Queremos agradecer a os ponentes a súa colaboración en estos temas que entendemos son de vital importancia para todolos usuarios da bicicleta.

13 de feb. de 2014

CAMBIOS EN NORMATIVA

Novidades

  • 11 FEBREIRO , 
    Participación dos M-30 e Senior en probas Elite-Sub 23

    Participación dos M-30 e Senior en probas Elite-Sub 23
     A Comisión Delegada da Federación Española de Ciclismo aprobou o cambio nas condicións de participación nalgunha clase de probas. Abrindo a participación aos Sénior e Máster 30 nas carreiras que se organizan para a categoría Elite - Sub 23.
    O resumo do artígo modificado é o seguinte:
    En carreiras dun dia, nacionais ou autonómicas, de Elite e Sub 23 poderán participar os Másters 30 e Sénior.
    En probas por etapas poderán participar os Máster 30 e Sénior que teñan licencia cun equipo Elite-Sub 23, inscrito como tal, na Federación Española de Ciclismo.
    Estas probas non estarán abertas á participación dos Másters 40, 50 e 60.
    En carreiras organizadas para a categoría Máster e Senior non poderán correr os Elite - Sub 23.