Todo
ciclista participante na proba estará equipado con casco protector. O seu
emprego é obligatorio.
A
retirada de dorsais realizarase en horario de 15:15 a 16:00 h do día da proba,
na porta do concello de Carral.
Será
imprescindible presentalo DNI para retiralo dorsal de cada participante.
O
dorsal será persoal e intrasferible. Non poderá ser empregado por outro
ciclista distinto o asignado. Así mesmo, será portado no lugar visible indicado
pola organización mentras dure a proba. O dorsal será devolto obrigatoriamente
a fin da proba.
Todo participante inscrito e portador do dorsal ten a
obriga de cumprir estrictamente o código de circulación e de seguilas
indicacións dos axentes da autoridade e do persoal da organización habilitado.
O circuito estará aberto o tráfico. A organización poderá retirar da proba a
todo ciclista que provoque situacións perigosas ou amose un comportamento antideportivo
para o normal desenrolo da proba. Os participantes deberán atender en todo
momento todolos consellos e indicacións da organización.
A
organización declina toda responsabilidade naqueles casos que por neglixencia
ou falta de cumprimento da lei e o código de circulación, así como das
instruccións dadas polo persoal habilitado pola organización, poideran producir
danos físicos ou morales, propios ou a terceiros, así como outro tipo de
perxuizos ou accidentes que por causas se pudieran xerar.
Os participantes inscritos na 1ª Cronoescalada o monte
Xalo enténdese que o fan voluntariamente e baixo a súa responsabilidade, e por
consiguiente exoneran, renuncian, eximen e conveñen en non denunciar a entidade
organizadora e colaboradores.
No
caso de accidente, deberá ser comunicado a organización para o seu oportuno
trámite.
A proba está considerada de dureza e nivel técnico
medio-alto, motivo polo cal é responsabilidade do ciclista ter un nivel físico
axeitado para a participación na mesma. Todo
participante declara coñecer e asumir todolos riscos que para a súa saude
poidera supor o esforzo deportivo, riscos que en ningún momento lle corresponde
asumir a organización.
A
organización resérvase o dereito a modificar todo o relativo os itinerarios,
reagrupamento, horarios, etc, cando os motivos ou circunstancias, así o
aconsellen para o bon desenrolo e seguridade da proba.
A cancelación da proba por causas alleas a
organización non dará lugar a devolución do importe da inscripción.
O
participante na proba autoriza o emprego de fotografías propias, sempre que o
seu uso garde relación ca proba na que se inscribe.
A
organización garante o cumplimento da lei de protección de datos, e de acordo
ca lei orgánica 15/1999, o participante queda informado e presta o seu
consentimento o emprego dos seus datos no desenvolvemento dos trámites propios
do desenvolvemento do evento.
Todalas
novas sobre a proba poderán seguirse no sitio web
www.pcmontexalo.com.
A participación nesta proba ciclodeportiva, implica a
aceptación do regulamento. O seu descoñecemento, non exime o participante do
seu cumprimento.